Fundación Xoán XXIII e Príncipe Filipe celebran o Día da Árbore

PONTEVEDRA> O Día da Árbore une en Pontevedra á Fundación Xoan XXIII e o centro Príncipe Filipe. Usuarios das dúas institucións compartiron hoxe unha xornada de traballo, na que se encargaron de mellorar o mantemento dos xardíns da praza Amalia Álvarez. Usuarios da Fundación Xoan XXIII e do centro Príncipe Filipe celebraron o Día da árbore dun xeito moi especial. Xuntos traballaron durante a mañá para coidar e mellorar o axardinamento da praza Amalia Álvarez. Ademais da parte práctica, compartiron inquedanzas sobre o seu futuro laboral. Uns, os usuarios da Fundación Xoan XXIII como traballadores. Outros, os do Príncipe Filipe, como alumnos do ciclo de formación profesional. Deste xeito, ambos centros escenificaban o comezo dunha colaboración que se estenderá a outros eidos. Os traballadores tiveron a visita da concelleira de benestar Pontevedresa. Carme Fouces fixo referencia á aposta do concello pola integración laboral e social das persoas con discapacidade. Ambas institucións apuntaron que, ademáis, con estes traballos os seus usuarios están realizando un labor que redunda no benestar da cidade e dos seus veciños. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/21/dia_arbore_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/21/dia_arbore.mp4{/flowplayer}