Gala de Turismo Rías Baixas

En directo, dende o Auditorio Mar de Vigo, hoxe venres, a partir das 19:30h.

A Deputación de Pontevedra celebra hoxe a gran festa do turismo.
Arte, cultura, música, danza, espectáculo, luz e cor, pero tamén tradición, festas, artesanía, rituais ou lendas; todo iso e moito máis, incluíndo algunhas sorpresas, hoxe venres, a partir das 19:30h.

A gala estará presentada pola actriz Alicia Armenteros e nela actuarán:

  • Baiuca, o recoñecido músico de Catoira que fusiona ritmos e sons modernos con música popular
  • Nova Galega de Danza, protagonista dun dos vídeos da campaña, interpretando ‘Credo’ no mosteiro de Carboeiro
  • Fillas de Cassandra, dúo musical que actuou na presentación de ‘Orixe’ en FITUR
  • Duelirium, que ofrecerá unha acción de circo vertical con baile aéreo coa voz da artista Mónica de Nut.

Durante a Gala, a Deputación fará entrega dos diplomas ás 165 empresas da provincia que acadaron ou renovaron este ano os seus distintivos SICTED, como novidade deste ano,  entregaranse os galardóns da primeira edición dos Premios Turismo Sostible Pontevedra Provincia, que premia aqueles establecementos que nos dous últimos anos realizaron proxectos de innovación ou eficiencia no eido ambiental e da economía circular.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí