IES Campo de San Alberto reclama unha educación inclusiva

    NOIA> Coincidindo ca Campaña Mundial pola Educación, os alumnos solicitaron o derrubamento de barreiras físicas e ideolóxicas.

    Son rapaces de 2º da Eso do Instituto Campo de San Alberto que durante uns días viviron cas trabas de persoas discapacitadas. Baixo o lema Sumemos Capacidades, reivindican unha educación inclusiva para nenos, nenas e persoas con necesidades educativas especiais. Reclaman a formación axeitada do profesorado e escolas adaptadas para todos co obxectivo de combater a discriminación e promover unha sociedade máis xusta. O acto contou ca presenza do alcalde da vila, ó cal lle transmitiron unha serie de propostas para mellorar a calidade de vida das persoas que sofren algunha discapacidade, como incorporar semáforos con son e mellorar os pavimentos en mal estado que atrancan o seu desenvolvemento no día a día. Os alumnos deron conta das diferentes capacidades que todos nos podemos desenvolver, independentemente das dificultades e barreiras que nos atopemos, mediante as pegadas de cores que deixaron plasmadas nun mural.