Loito no Grove polo falecemento do mariñeiro do Tucán II

O GROVE> Un enganche co aparello principal hipótese do accidente do mariñeiro do Grove que faleceu o domingo preto da Illa de Ons. O concello celebra hoxe o segundo día de loito. Estaba previsto que o falecido fose trasladado hoxe ao concello de Grove.

O concello do Grove volve estar de loito. O mar levouse o domingo a vida dun mariñeiro do Tucán II. O accidente tivo lugar ás once da mañá mentres os tres tripulantes da embarcación meca estaban a traballar ao norte da Illa de Ons. Presuntamente o home de 50 anos estaba a votando o aparello ao mar cando caeu pola popa. O patrón da embarcación lanzouse ao ser rescate mentres o outro tripulante daba o sinal de socorro. O xefe do Tucán II conseguiu chegar onde o seu compañeiro e evitar que o levase a corrente pero o temporal impediu que puidesen regresar ao barco. As causas do accidente aínda se descoñecen.

O tripulante que permaneceu no barco avisou a Salvamento Marítimo. Os servizos de gardacostas desprazaron ata a zona ao helicóptero Pesca I. Tamén foi alertado o pesqueiro Chubascos Tres que traballaba preto do lugar. Os homes tiveron que ser rescatados do mar polo helicóptero preto das 11 e media da mañá. O vehículo desprazou aos dous mariñeiros ata o hospital Álvaro Cunqueiro pero nada se puido facer por salvar a vida de Luís Vidal. O patrón do barco, Santiago Domínguez, permanece ingresado por hipotermia, pero atópase estable e fora de perigo.

Dende o concello e a confraría trasladaron o seu pesar polo tráxico suceso. O goberno local decretou dous días de loito con bandeiras a media hasta. Os mariñeiros que hoxe tiveron que saír a traballar mostraron a súa dor polo acontecido. Advertían que o tempo o domingo era malo pero que son moitos días o ano os que saen nesas condicións. Tamén aseguraron que tanto o patrón como o falecido eran mariñeiros con moita experiencia.

A investigación e a autopsia determinarán nos vindeiros días o motivo do falecemento. O falecido foi trasladado hoxe ao concello do Grove e o enterro terá lugar mañá.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí