Lores “a compostaxe é unha aposta política e que se fai polo ben da cidade”

Pontevedra> O PP de Pontevedra levará ao pleno ordinario deste venres, unha interpelación onde lle preguntarán ao alcalde, a razón pola cal, non recibe aos veciños de Eduardo Pondal que non están conformes coa instalación de composteiros comunitarios nesa zona da cidade. Lores ten claro que esta é unha decisión política que se fai polo ben da cidade.

O pleno ordinario deste venres 13 comezará ás 10:30 da mañá e contará con diversas mocións de cada un dos partidos. Ao remate chegará a quenda das interpelacións, ai o PP preguntará ao alcalde a razón pola cal non recibe aos veciños da rúa Eduardo Pondal que non están conformes coa instalación na súa zona dun composteiro comunitario. Lores ten claro que ante unha decisión así sabe que non haberá unanimidade, pero que se trata dunha decisión política que se fai polo ben da cidadanía.

Unha decisión política que foi no programa electoral do BNG e que se vai a levar a cabo, lle pese a quen lle pese.

Lores ten claro que con este sistema se está a construír unha cidade máis humana e agradable. Con esta decisión sobre a mesa esta mesma tarde o concello enviou unha nota de prensa informando de que o proceso da compostaxe segue adiante en Pontevedra, e que mañá comezarán a funcionar os novos composteiros comunitarios en Ponte Boleira e no Camiño do Ferro.