Lourizán contará cun dos centros sociais máis grandes da cidade

Pontevedra> Lourizán contará cun dos centros sociais máis grandes de Pontevedra. Esta mañá o concelleiro delegado desta parroquia anunciou o proxecto aprobado e consensuado cos veciños. Un centro que contará con 672 metros cadrados e que recibirá un investimento de 541 mil euros. Dende o concello agardan comezar os traballos antes de finais deste ano. En Estribela, na parroquia de Lourizán, alí estará situado o novo centros social da cidade. Un centro de 672 metros cadrados que contará cun investimento de 541 mil euros. Un proxecto, o deste centro, que se pechou coa colaboración dos veciños da zona. Dende o concello agardan poder comezar os traballos neste 2017, unhas obras que terán un prazo de execución de 9 meses. Dende o concello dixeron que con esta inversión, amosan unha vez máis que pese a que a parroquia de Lourizán continúe tendo carencias en diferentes ámbitos, dende o Goberno Local están traballando moito para mellorar esta zona da cidade. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/10/local_social_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/10/local_social.mp4{/flowplayer}