Luís Bará asegura que a Xunta de Galicia “ten moitos deberes sen facer con respecto a Pontevedra”

PONTEVEDRA> Coas eleccións autonómicas á volta da esquina, o BNG quixo facer hoxe un balance da lexislatura. O deputado Luís Bará asegurou que o goberno actual foi eficiente na propaganda pero deficiente na xestión. Ademais, o nacionalista quixo poñer en valor o traballo de Ana Pontón de cara ao vindeiro 5 de abril.

Así valoraba esta mañá o deputado Luís Bará o traballo realizado polo goberno autonómico durante esta lexislatura. O portavoz nacionalista está convencido de que o presidente da Xunta esforzouse máis en desenvolver o seu currículo que en sacar a Galicia adiante. No caso da comarca de Pontevedra, o fracaso, segundo Bará, é aínda maior.

Esta visión é completamente distinta á que ten do seu propio partido. Luís Bará cre que o BNG está en ascenso e está convencido de que o seu proxecto é o máis ambicioso e solvente para a nosa comunidade.

Co ollo posto xa nas vindeiras eleccións autonómicas, Luís Bará asegurou hoxe que lle gustaría continuar como candidato ao Parlamento Galego. Unha decisión que será tomada nas vindeiras semanas pola organización do BNG.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí