Mancomunidade e Consorcio unificarán o comercio do Salnés nunha ‘centro comercial online’

SALNÉS> O comercio do Salnés contará cunha plataforma de compras online. Mancomunidade e Consorcio de comercio asinaron esta mañá un convenio para colaborar na súa creación e posta en marcha. Unha ferramenta que busca incentivar as vendas de proximidade e potenciar o turismo de compras.

A Mancomunidade do Salnés tende a man ao comercio de proximidade. O ente comarcal asinou esta mañá un convenio co Consorcio de Comercio do Salnés co obxectivo de potenciar as vendas e o turismo de compras.

No marco deste acordo, porase en mancha unha plataforma de vendas online. Unha iniciativa coa que se busca facilitar a difusión do pequeno comercio e, ao mesmo, modernizar a súa actividade.

A intención é que esta ferramenta complemente as vendas físicas. Na actualidade está en fase de licitación, pero a intención é que estea en funcionamento a mediados do mes de agosto.

O convenio tamén contempla o reparto de salvamanteis na hostalería cos potenciais turísticos da comarca, e a instalación de expositores nos comercios con códigos QR que destaquen os puntos máis emblemáticos do Salnés.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí