Marea aposta polo sistema público para a xestión da auga

Pontevedra> As Mareas de Pontevedra, Bueu, Sanxenxo, Poio, Ponte Caldelas e Marín fixeron esta mañá un brindis por un sistema de xestión da auga público. Dende este grupo da capital de provincia non entenden a xestión privada que están levando a cabo dende as filas do BNG nesta materia, unha xestión que se estenderá aos vindeiros 15 anos que marca o contrato.

Neste día mundial da auga, as Mareas unidas polo Lérez quixeron facer un brindis, un brindis pola defensa dun sistema público da xestión da auga. Segundo Luis Rei, no concello de Pontevedra parece que o BNG e o PP apostan por modelos distintos, pero dixo, na práctica non hai tanta diferencias entre os dous partidos.

Críticas de Luis Rei ante este contrato da auga, do que mañá se abrirá o sobre na mesa de contratación para coñecer quen será a empresa concesionaria deste servizo durante os vindeiros 15 anos.

Luis Rei cree que querer é poder, e que en Pontevedra se podería levar a cabo este sistema sen ningún tipo de problema.

O posicionamento da Marea nas mesas de contratación e plenos e non participar nas súas votacións. Unha medida que consideran reivindicativa co fin de amosar o seu desacordo co actual e futuro modelo de xestión da auga en Pontevedra.