Meli Fandiño capitanea unha mostra de fotografías antigas no estanque da Alameda

Pontevedra> Dende o Goberno Local de Pontevedra abren unha convocatoria para que a cidadanía ceda fotografías antigas no estanque da Alameda. O obxectivo é que coa reforma desta zona histórica da cidade se inaugure unha mostra que amose como era este espazo entre os anos 40-50. Unha reapertura que todo apunta terá lugar entre finais de abril e comezos de maio. A remodelación do estanque na Alameda de de Pontevedra, no parque das Palmeiras, está a piques de rematar. Trátase da recuperación dunha zona histórica da cidade que estará finalizada para finais do mes de abril comezos de maio. Pois ben, con esta inaguración desta remodelación dende o concello queren presentar a exposición de fotografías antigas deste punto da cidade. Por iso, dende hoxe, convidan a todo o mundo a que participe nesta iniciativa. Unha iniciativa que naceu da xornalista Meli Fandiño quen tivo claro que seguro que en Pontevedra hai centos de fotos dos anos 40 e 50 que amosan como era ese punto da cidade por aquel entón. Unha maneira de lembrar o pasado a través das fotografías da cidadanía. Como as súas, a primeira aportación desta mostra chega da man da súa mentora. Todos os que estean interesados en achegar a súa fotografía poden facelo no propio concello. Alí farán un scaner da foto para devolver ao momento a orixinal . O fin, recadar sobre 100 fotos centradas nos anos 40 e 50 do estanque do Parque das Palmeiras. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/06/expo_palmeiras_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/06/expo_palmeiras.mp4{/flowplayer}