Minicruceiros galegos para abril de 2016

GALICIA> Galicia terá por primeira vez dúas liñas de cruceiros propios que navegarán polas Rías. Portos de Galicia presentaba tamén esta mañá en FITUR a Regata das Illas Atlánticas na que se espera a presenza do Rei emérito Juan Carlos I.

 

Dúas liñas de minicruceiros navegarán a partir deste abril deste ano polas rías galegas. A Asociación Galega de Actividades Náuticas en colaboración con Portos de Galicia pon en marcha este proxecto piloto de cruceiros que atraerán a Galicia a visitantes de todo o mundo.

As dúas liñas terán duración diferentes. Unha realizarase durante as fins de semana e a outra, de máis duración, estará enfocada aos viaxes de luxo.

Ademais e contando coa presenza do presidente do Club Náutico de San Vicente do Mar tamén se presentou a próxima edición da regata Illas Atlánticas na que se inscribe o segundo Rallye La Baule-San Vicente que atraerá embarcacións internacionais do Atlántico este e ao mesmo Rei emérito de España.

Dous proxectos náuticos que beneficiarán a tódolos concellos polos que pasen.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/21/portos_galicia_fitur.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/21/portos_galicia_fitur.mp4{/flowplayer}