• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Pontevedra> Dende hoxe a Xunta de Persoal do Complexo Hospitalario de Pontevedra conta cunha nova presidenta e un novo secretario. Sete sindicatos conseguiron sacar adiante unha proposta de cese das actuais mandatarias, aducindo unha perda de confianza para a exercer as súa funcións. Agora dende Prosagal, estudarán os trámites para levar pola vía legal, o que consideran unha vulneración do regulamento da xunta de persoal.
Publicado en PONTEVEDRA
MUROS> A voceira socialista foi unha das convidadas do programa ‘Pleno Aberto’ desta semana, emitido por esta casa.
PONTECESURES> Como xa lles adiantabamos na cabeceira deste telexornal... o Partido Popular recolleu o bastón de mando en Pontecesures, nun acordo a tres bandas entre Independentes por Pontecesures, Terra Galega e o PP. O voceiro socialista, Roque Araújo recordou ao recen estreado alcalde as súas manifestacións anteriores aos medios, nas que admitía non crer na viabilidade dos tripartito.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Publicado en portada
PONTECESURES> O BNG perde a alcaldía de Pontecesures. Esta mañá, Partido Popular, Terra Galega e Independentes formalizaban a moción de censura que tomba o goberno que compartían nacionalistas e socialistas, deixando ao popular Juan Vidal como rexedor da vila. O movemento prodúcese tres meses despois de que os concelleiros de Terra Galega abandonaran o executivo local, rompendo o pacto de goberno e deixando ao equipo de Cecilia Tarela en minoría.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Publicado en portada
NOIA> Freire foi investido despois de prosperar a moción de censura presentada conxuntamente polos edís do PP e do NOIA. A sesión plenaria extraordinaria celebrouse nun ateigado pavillón polideportivo municipal, que se converteu nun improvisado salón de plenos.
NOIA> Os socialistas de Noia acusan a Marisol Villar de ser a principal instigadora da moción de censura presentada oficialmente o pasado venres. Consideran que non só ten traizoado ós socios de goberno senón tamén ós seus electores xa que afirmou que nunca pactarían co PP.
NOIA> PP e NOIA oficializaron este mediodía a moción de censura coa súa presentación no rexistro municipal. Os voceiros de ámbalas dúas formacións, Santiago Freire e Marisol Villar, fixeron entrega do texto asinado ante notario polos oito edís populares e os dous independentes. Ademais dun resumo dos resultados electorais, o texto recolle unha exposición dos motivos que lle levaron a tomar esta decisión ante a inestabilidade do actual goberno. Pola súa banda, o aínda alcalde, Miguel Paz, afirmou sentirse moi tranquilo e orgulloso da labor feita ata o momento aínda que expresou a súa desconfianza cara os que foran os seus socios de goberno, ós que acusou de deslealdade ó levar meses preparando esta moción que facilitará o acceso do popular Santiago Freire á alcaldía a partir do próximo dezasete de febreiro.
NOIA> Todo atado para a presentación da moción de censura contra o alcalde socialista de Noia, Miguel Paz. Á espera de concretar os últimos detalles na xuntanza que manterán esta noite os representantes do PP e do NOIA, todo apunta a que será mañá a data na que se presente a iniciativa no concello. De cumprirse este prazo, o pleno para o seu debate tería lugar o día 17 de febreiro.
NOIA> Segundo os socialistas tanto Marisol Villar coma José Pérez están a antepoñer os seus intereses persoais ás necesidades dos veciños.
Mércores, 03 Febreiro 2016 18:26

A moción de censura en Noia cuestión de horas

Publicado en portada
Páxina 1 de 2
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: mocion de censura Top of Page

Síguenos en facebook