• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Pontevedra> O modelo de cidade que defende Pontevedra chega as barrios e parroquias da Boa Vila. Esta mañá Demetrio Gómez presentou os proxectos no entorno da Rúa da Seca por un importe de 224 mil euros, e tamén, o de Pidre na parroquia de Cerponzóns por 219 mil euros. Dúas iniciativas onde se prioriza o tráfico peonil e se gañan espazos para o lecer dos veciños.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> Se onte era unha delegación de Andorra La Vella a que percorría as rúas pontevedresas, hoxe tocou a representantes do concello portugués de Braga. O alcalde de Pontevedra volveu presumir de cidade e das bondades do seu modelo que, segundo aseguraron os portugueses, é un exemplo a seguir. O concello de Braga tamén quere exportar o modelo pontevedrés. Unha delegación percorreu hoxe a cidade para ver sobre o terreo as medidas levadas a cabo polo executivo local, mellorando a coexistencia de peóns e vehículos. Aínda que Braga posúe unha das zonas peonís máis amplas de todo Portugal, Bandeira apuntou que tamén rexistran unha das taxas máis elevadas de crecemento de automóbiles. Datos que os obrigan a equilibrar ambas demandas. Tomar medidas para o calmado do tráfico e invertir as prioridades situando o peón por diante dos vehículos, son algunhas das cuestións que interesaron máis á delegación portuguesa. A visita dos representantes de Braga prodúcese un día despois de que Pontevedra recibira unha delegación de Andorra La Vella, interesados, tamén, en coñecer e exportar o modelo pontevedrés.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> Unha delegación da Cámara Municipal de Guimarães visitaba hoxe Pontevedra para tomar boa conta do realizado na cidade en termos de mobilidade. Co obxectivo de conseguir ser nomeada Capital Verde Europea de 2020 Guimarães tentará adaptar o modelo de cidade aplicado en Pontevedra, ca que aseguran ter moitas similitudes.
Publicado en PONTEVEDRA
Publicado en portada
PONTEVEDRA> O 2015 despedirase como o ano máis internacional para Pontevedra. O alcalde anunciou esta mañá que a cidade recollerá outro premio polo seu modelo, desta volta en Hong Kong. A finais de novembro a urbe chinesa acollerá o Premio Cidade de Mobilidade Intelixente, que recoñecerá a aposta pontevedresa na categoría de Deseño e Planificación urbana.
Publicado en PONTEVEDRA
Publicado en portada
PONTEVEDRA> Pontevedra formará parte dunha alianza internacional de cidades contra o cambio climático. O alcalde anunciou hoxe que aceptarán a invitación de Bloomberg Associates para integrarse neste movemento, no que compartirán mesa con cen cidades de todo o mundo. Segundo a fundación, Pontevedra xa cumpre con todos os requisitos esixidos para formar parte da alianza.
Publicado en PONTEVEDRA
Publicado en portada
NOVA YORK> Nova York réndese ao modelo de cidade de Pontevedra. O alcalde recolleu onte o premio que o Centro para o Deseño Activo ven de conceder á capital pontevedresa, nun acto con continuas loubanzas á filosofía da vila. Pontevedra foi posta como exemplo a seguir, pola súa aposta pioneira en aplicar un plantexamento urbano e arquitectónico que axude a mellorar os hábitos dos cidadáns.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> Nova York recoñece o modelo de cidade de Pontevedra. O novo premio internacional chega á cidade do Lérez dende o outro lado do Atlántico da man dunha oenegué creada polo excalcalde da urbe estadounidense, Michael Bloomberg. Co galardón, a organización quere recoñecer o deseño pontevedrés por promover hábitos de vida saudables.
Publicado en PONTEVEDRA
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: modelo de cidade Top of Page

Síguenos en facebook