Mollabao contará cunha zona verde de cinco mil metros cadrados

    recuperacion_ambiental_mollabao_100_130109.jpgPONTEVEDRA > A parcela que se vai recuperar está ó pé do depósito da grúa e incluirá un parque infantil.

    {flowplayer}images/salnes/130109_recuperacion_ambiental_pontevedra.flv{/flowplayer} 

    Segundo o concelleiro de Medio Ambiente, Raimundo González, a recuperación desta parcela en Mollabao forma parte dun proxecto máis amplo que pretende dotar de zonas verdes a tódolos barrios da cidade. A actuación consistirá na construción dunha praza que conectará a estrada co novo espazo, así como o saneamento do regato que pasa pola parcela e a recuperación do lavadoiro.

    A actuación completarase coa construción dun parque infantil na zona central e a plantación de diversas especies de árbores, así como a instalación de mobiliario urbano e puntos de luz. Para levar a cabo este proxecto, o concello conta cun orzamento que rolda os 350.000 euros. Raimundo González adiantou outros proxectos de mellora que se levarán a cabo no barrio, como a renovación do peche das instalacións deportivas ou a mellora do entorno da Casa do Mar.

    Redacción Salnés