Motos Vellas organiza unha exposición para nostálxicos

     CAMBADOS> Inaugurarase o 25 de xaneiro e manterase ata o 10 de febreiro. Son máis de 80 motos entre as que destaca á colección completa do falecido Rafael Blanco.

    {flowplayer}images/salnes/PtacMotosAntigas.flv{/flowplayer}

    Case coma se dunha pequena homenaxe se tratara, as motos de Ramón Blanco son algunhas das que conforman esta exposición. Unha das paixóns do que fora voceiro do grupo socialista era o mundo das motos, tanto foi así que exerceu tamén como secretario desta Asociación. Despois do seu falecemento, o pasado mes de setembro agora as súas motos volven a poñerse en marcha para formar parte desta exposición.  

    A exposición inaugurarase o vindeiro día 27 e estará aberta ata o día 10 de febreiro. Dende a Asociación queren destacar que se trata de motos todas elas, propiedade dos membros do club e cun gran valor sentimental.

    Dukatis, vespas, motos nacionais e tamén algunha que outra internacional. Mesmo haberá unha zona na que se poderán ver motos sen restaurar, para que nos fagamos unha idea do traballo que leva a cabo esta Asociación. O recuncho máis especial, o dedicado a Rafael Blanco. 

     Así é que tanto dende a Asociación como dende o Concello animan a tódolos veciños da comarca a achegarse ó Salón Peña para gozar desta exposición.

    Ademais das motos tamén haberá unha colección de fotografías antigas que foron recompiladas pola Asociación.

    Redacción Salnés