• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Pontevedra> No día Internacional dos Museo, que se conmemora neste 18 de maio, o Sexto Edifico, de Pontevedra, abre a súa cámara dos tesouros. Nesta xornada organizaron unha visita moi especial ao taller de restauración deste espazo. Unha maneira de dar a coñecer o bo facer dos profesionais que traballan no museo, e de sacar á luz todas as obras coas que conta este lugar da arte.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O mes de maio trae moitas actividades culturais a Boa Vila, entre as Visitas Cruzadas do Museo de Pontevedra. Un evento organizado pola Deputación de Pontevedra que ten como fin amosar a arte deste edificio dende outro punto de vista. As protagonistas desta primeira edición foron Uxía e Isabel Risco.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Dende o 16 deste mes e ata o 16 de abril o Museo de Pontevedra acolle a exposición Soños de Miguel Vidal. Unha mostra composta por 60 fotografías deste artista e que se converte na primeira exposición monográfica dun fotógrafo actual. 
Publicado en CULTURA
Pontevedra> O Sexto Edificio de Pontevedra vestiuse de longo na fin de semana para celebrar un acto con motivo da entrega do Premio da Cultura Galega ao Museo. Un evento onde dende a Deputación apostaron por abrir os edificios que están pechados deste centro cultural, e por impulsar un comité asesor que deseñe o papel da institución nos vindeiros anos. 
Publicado en CULTURA
Pontevedra> 9 exposicións, música e outras temáticas encherán de contido este Ano do Patrimonio no Museo de Pontevedra. Un ano moi relevante que, segundo o deputado da área de Cultura, contará coa presenza de artistas moi consolidados coa conxunción dos novos valores na cidade. Dende a Deputación xa adiantaron esta mañá que van a crear un consello asesor co fin de levar a cabo diferentes accións vencelladas co museo. 
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> O Museo de Pontevedra anunciou esta mañá a recuperación dos orixinais do álbum Nós, de Castelao. As obras localizáronse na colección dun particular, e formarán parte da mostra "Meu Pontevedra", coa que se conmemora o centenario da chegada do autor á capital pontevedresa.
Publicado en CULTURA
PONTEVEDRA> Pontevedra segue decidida a honrar a memoria de Xosé Filgueira Valverde. Hoxe se inaugurou no sexto edificio do Museo da cidade a exposición “Xosé Filgueira Valverde. Un faro na construción de Galicia”, que a través de quince capítulos presenta diferentes etapas da vida deste profesor, ao que este ano se dedica o Día das Letras Galegas.
Publicado en PONTEVEDRA
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: museo de pontevedra Top of Page

Síguenos en facebook