O Nadal dispara as vendas de viños de Rías Baixas

CAMBADOS> Se os viños de Rías Baixas xa completan á perfección as nosas mesas durante todo o ano, o Nadal non ía ser unha excepción. O Consello Regulador é consciente da importancia desta época, que trae consigo un repunte das vendas. Un momento perfecto para pechar un ano durante o que se volveron conseguir importantes éxitos para a DO. Falamos con Juan Gil, presidente do Consello Regulador da DO Rías Baixas.