Nava Castro: ‘A praza de abastos da Pobra é un referente en toda Galicia’

    visitanavacastromercadopobra_copia.jpgPOBRA> A directora xeral de Comercio fixo esta valoración durante a visita que realizou esta mañá a praza de abastos para coñecer in situ o importante desenvolvemento comercial que experimenta este recinto.

    {flowplayer}barbanza/visitanavacastromercadopobra.flv{/flowplayer}

    A directora xeral de Comercio, Nava Castro, puxo esta mañá á praza de abastos da Pobra do Caramiñal como un exemplo a seguir pola súa dinamización comercial e un referente para o resto de prazas existentes en toda Galicia, cunha imaxe clara de modernidade das súas instalacións e tamén de calidade dos produtos que se poden atopar nos diferentes postos. Despois de percorre-las instalacións e falar con moitos dos seus vendedores e clientes, fixo referencia á importancia destes espazos como principal motor económico dunha vila.

    Acompañando a Nava Castro atopábase o alcalde, Isaac Maceiras, así como tamén o edil de Comercio de Ponteareas, Andrés Sampedro, que se achegou tamén ata a localidade para coñecer de primeira man as características do edificio do mercado pobrés que servirá como referente para o seu proxecto.

    Novos proxectos

    O rexedor local aproveitou tamén a visita para trasladarlle á directora xeral de Comercio dúas solicitudes de obras, a primeira delas presupostada nuns 130 mil euros para a remodelación de pequenas travesías no casco urbano como é o caso das rúas Rosalía de Castro, Galicia e adxacentes, asi como tamén a Praza de Maura. O outro proxecto de 79 mil euros iría destinado a paliar pequenas obras de mantemento no actual edificio do mercado.

    Redacción Barbanza