Noites Abertas propón 90 actividades para este 2013

     PONTEVEDRA> O concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez, presentou esta mañá o programa que está dirixido a xóvenes de ata 30 anos.

    {flowplayer}images/salnes/PtacNoitesAbertas_190213.flv{/flowplayer} 

    Son case 90 as propostas de Noites Abertas para a edición de 2013, un bo número tendo en conta que o orzamento co que se contou para realizar o programa foi de pouco máis de 100.000 euros, descendendo nun 10% con respecto a 2012. Ademais do concello, diversas asociacións, empresas e persoas de xeito individual, colaboran na realización dos diferentes eventos.

    Skate, cociña mexicana, reciclaxe creativo, baile, fútbol, billarda ou bolos son algunhas das actividades que se ofertan. Están dirixidas a mozos e mozas de ata 30 anos. Na última edición foron máis de 5.500 os participantes. Desta volta quérese superar esa cifra tendo unha maior presencia e difusión do programa a través das redes sociais. Tamén se deseñou unha aplicación para Android que se pode descargar de www.noitesabertas.com

    As actividades arrancarán o xoves e o venres con sesións de fitness nas diferentes prazas de Pontevedra.

    Redacción Salnés