Open Moble, a Mostra de Decoración e a Multisectorial celebraranse á vez

    feirasfexdega copia.jpg VILAGARCÍA> Fexdega acollerá estes eventos o mes de novembro e a entidade encargada de xestionalas será a firma ‘Muéstralo’.

    {flowplayer}images/salnes/PTAC_NOVAS_FEIRAS_FEXDEGA.flv{/flowplayer}

    A Feira Multisectorial, a Open Moble e a Mostra de Decoración celebraranse conxuntamente. Esta foi a decisión tomada pola Fundación Fexdega para manter os eventos no calendario feiral. Ademais decidiu contratar a outra empresa, “Muéstralo”, para que se encargue da organización.

    Dende a Fundación móstranse optimistas en canto á participación de empresas e a asistencia de público á mostra. Aseguran que en torno a un 80% dos participantes na multisectorial xa contactaron coa organización para obter o seu espazo na mostra. Ademais, contan con que o 100% dos participantes na edición do Open Moble do ano pasado repitan nesta edición.

    As feiras celebraranse do 12 ó 20 de novembro no pavillón de Fexdega en Vilagarcía.

    Redacción Salnés