• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Pontevedra> Poio móvese polo Deporte cun investimento de máis 220 mil euros para este 2017. A concelleira desta área presentou esta mañá a programación deportiva ata o mes de outubro nas diferentes parroquias do concello. Marga Caldas destacou a especial atención que nestas contas se lle presta ao deporte base.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O pleno do concello de Pontevedra aprobará a vindeira semana a renda social que lanzan dende Marea. Esta renda consiste en axudar as familias con ingresos inferiores a 572 euros mensuais, tería unha duración de un ano e un investimento de 400 mil euros por parte do Goberno Local.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Pola súa banda a presidenta da Deputación non tardou en dar resposta ante estas críticas. Carmela Silva di que o PP volveu a enganar a cidadanía xa que esa modificación de crédito de orzamento está totalmente xustificada. 7 millóns son para os concellos de Vigo e Pontevedra e 3,5 destinados a melloras nas estradas de toda a provincia.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Dende o PSOE presentarán mocións en todos os concellos da provincia co fin de pedirlle á Xunta que asuma as súas competencias en materia de igualdade. Dende as filas socialistas consideran imprescindible que o Goberno galego incorpore aos seus orzamentos partidas para os Centros de Información á muller, xa que 27 concellos da provincia carecen deste servizo. 
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> 152,4 millóns de euros, ese é o orzamento que a Deputación de Pontevedra levará a pleno o vindeiro 25 de novembro. Unhas cifras que ascenden un 0.27 por cento en relación ao pasado ano. Carmela Silva dixo que o 85 por cento destes orzamentos destínanse os 4 grandes piares destas contas: o Plan Concellos 2017, o emprego, a igualdade e a cohesión social, xuventude, deportes, cultura e infraestructuras. 
Publicado en PONTEVEDRA
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: orzamento Top of Page

Síguenos en facebook