Patxi López chama á unidade do PSOE dende Pontevedra

PONTEVEDRA> Onte fixo parada en Pontevedra o candidato ás primarias do Partido Socialista, Patxi López. O ex lehendakari e ex presidente do Congreso mantivo un encontró coa militancia pontevedresa, e fixo un chamamento á unión da formación e a apostar pola integración. Un acto coa militancia socialista trouxo ao candidato ás primarias do PSOE, Patxi López, ata Pontevedra. No Café Moderno, o ex lehendakari e expresidente do Congreso trasladou a súa aposta por unir á formación. Segundo López, a clave non é pensar quen vai gañar o proceso, no que actualmente participan el, Susana Díaz e Pedro Sánchez. O importante é pensar no día seguinte, para abrir un espazo de integración. Ao acto asistiron caras coñecidas dos socialistas da provincia de Pontevedra. Agustín Fernández, voceiro do PSOE no concello de Pontevedra, o deputado no Congreso Guillermo Meijón, os deputados autonómicos Julio Torrado e Patricia Vilán, ou o ex secretario provincial do PSOE, Modesto Pose, non se perderon o paso de Patxi López por Pontevedra. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/20/visita_patxi_lopez_ponte_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/20/visita_patxi_lopez_ponte.mp4{/flowplayer}