• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
A Xunta pon en servizo o primeiro treito da senda peonil e ciclista que unirá A Lanzada con Portonovo, e que conta cun orzamento total de 6 millóns e medio de euros. Esta mañá a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, supervisou acompañada do delegado territorial e do alcalde de Sanxenxo, o resultado das obras. Son preto de 3 quilómetros de senda especialmente habilitada para peóns e cilcistas, cun tramo de 1,3 quilómetros que discorrerá sobre unha tarima de madeira. Unhas obras que esta mañá visitou a conselleira de INfrastructuras, Ethel Vázquez ,acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín. A primeira fase destes demandados traballos mellorará a seguridade viaria na estrada PO-308, desde a Lanzada ata Soutullo, en Noalla, que vén de ser rematada. Esta primeira fase, que foi executada nun prazo de 15 meses tivo contou cun investimento de 3,3 millóns de euros. A Xunta xa ten avanzados os trámites do segundo traxecto, que irá desde Soutullo ata o outro extremo da recta de Major, que estará listo para o verán do 2018. Uns traballos que tanto como desde o concello, como desde a Plataforma veciñal PO-308 destacaron como fundamentais para esta zona de Sanxenxo. Habería un terceiro traxecto máis, o que vai desde Major ata Portonovo, unha actuación na que están ultimando o proxecto construtivo. Este ano acometerán a contratación das obras posto que xa se conta co presuposto necesario para este terceiro tramo. En total, A Xunta investirá máis de 6 millóns de euros entre os 3 tramos desta senda peonil Portonovo-A Lanzada, que vén a mellorar a seguridade viaria e contribuír ó desenvolvemento turístico.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PontevedraO> A Xunta de Galicia expropiará os terreos en Poio para construír a senda peonil e ciclista na PO-308. Unha obra que terá un percorrido de 4,4 kilómetros que irán dende Covelo ata Raxó. O investimento estimado para estes traballo é de 2,2 millóns de euros. Unha senda peonil que se comezará a construír a comezos do vindeiro 2018.
Publicado en PONTEVEDRA
POIO> Continúan as reaccións trala morte do ciclista o pasado domingo nun atropelo na PO-308. Hoxe, foi o goberno de Poio o que esixiu medidas urxentes de seguridade viaria nesta estrada de titularidade autonómica. Aseguran que a cesión voluntaria dos terreos que pretende o goberno galego non é operativa, así que reclaman á consellería que comece as expropiacións. Un proceso que o concello de Poio está disposto a sufragar. Deste xeito, expresábase a alcaldesa en funcións de Poio para reclamar á Xunta que actúe na PO-308, da súa titularidade. Dende os anos 90 as queixas pola falta de seguridade nesta vía sucédense, e reaviváronse este domingo tralo atropelo mortal dun ciclista. O goberno poiense reclama á Xunta medidas urxentes de seguridade viaria. Aseguran que ata o de agora o executivo autonómico escudouse na falta de terreos, pero o concello reclama que se encarguen dos trámites de expropiación. Besada e Barreiro volveron reclamar unha vía alternativa á estrada da costa. Unha opción que na década dos 90 se plantexara cunha estrada pola saia do Monte Castrove. Finalmente, executaron a autovía do Salnés, que non conseguiu solucionar o problema da PO-308. A falta de beirarrúas, beiravías e de pasos de peóns son outras das cuestións que preocupan ao executivo local que denuncia que as súas peticións de reunións aínda non tiveron resposta dende a Xunta.
Publicado en PONTEVEDRA
SANXENXO> Avanzan os traballos de mellora da seguridade viaria na PO 308. A senda peonil e ciclista entre A Lanzada e Soutullo estará rematada no verán, segundo asegurou esta mañá a conselleira de infraestruturas. Ethel Vázquez visitou as obras neste primeiro tramo do itinerario entre A Lanzada e Portonovo, no que a Xunta investirá case 6,5 millóns de euros.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
POIO> As obras da PO-308 deron hoxe os seus primeiros pasos. Despois de anos de reclamacións e protestas veciñais, técnicos da Xunta de Galicia comezaron esta mañá a marcar os terreos que serían precisos para realizar os traballos na parroquia de Raxó, que dotarían á estrada de beirarrúas. Agora a pelota está no tellado do concello de Poio, que será o encargado de conseguir os terreos que o goberno autonómico precisa para executar a obra.
Publicado en PONTEVEDRA
HomePONTEVEDRAMostrando artigos por etiqueta: po308 Top of Page

Síguenos en facebook