A prisión permanente revisable a debate na Deputación

Pontevedra> O PP Provincial presentará no vindeiro pleno da Deputación unha moción centrada no apoio da prisión permanente revisable para delitos graves. Dende as filas populares non entenden porqué se reabre un debate que estaba xa pechado e resolto en relación a este tema que lembraron, é constitucional e permite a reinserción do acusado. Pese a isto dende o PP agardan poder contar co apoio do  pleno nesta iniciativa.

A prisión permanente revisable xa pasou polo pleno do Concello e neste mes aterrará no da Deputación. Dende as filas do PP presentarán unha moción centrada neste asunto, co fin de que o resto de grupos e partidos representados na Deputación amosen o seu apoio ou a súa posición en relación a este tema.

Dende o PP dixeron esta mañá que están ao lado das vítimas e das súas familias porque consideran que esta pena é de xustiza para eles e unha garantía para a sociedade.

Elena Muñoz solicita a súa aprobación para que o Pleno da Corporación Provincial inste aos grupos parlamentarios con representación no Congreso dos Deputados a que reconsideren a súa postura sobre a derrogación da prisión permanente revisable e que este acordo se lle dea traslado tamén ao ministro de Xustiza, os grupos políticos no Congreso, Senado, Parlamento de Galicia e á Xunta de Goberno da FEMP.