Problemas de saúde afastan a Blanco Vila da carreira cara a alcaldía de Boiro

    luisblancovila_100_050307.jpgBOIRO > O candidato á alcaldía de Boiro polo PP, Luís Blanco Vila, presentou a súa carta de dimisión ante a executiva local do partido.

    Segundo explicou o xa ex-candidato, o anuncio da súa renuncia non colleu de sorpresa ós responsables do partido posto que no momento da súa elección, Luís Blanco Vila xa lle comunicara os seus problemas de saúde e a existencia desta posibilidade. As últimas análises revelaron un empeoramento da súa cardiopatía e as recomendacións do seu médico levárono a tomar a decisión.

    A tan só tres meses da celebración dos comicios, o PP deberá buscar un novo candidato para a alcaldía de Boiro. Algúns nomes xa sonan con máis forza ca outros entre os membros da executiva. Blanco Vila considera que existen moi bos políticos que poderán asumi-lo cargo con total responsabilidade e que o cambio non afectará ós resultados electorais. Iso sí, a campaña deberá adquirir máis intensidade que ata o momento para potencia-las posibilidades do novo candidato.

    Trala súa renuncia, Blanco Vila seguirá a disposición do partido para o que sexa necesario. O ex – candidato agarda que os membros da executiva entendan a súa postura posto que se debe a unha razón moi poderosa. É consciente de que poden xurdir especulacións polo que quere aclarar que a súa dimisión débese unica e estrictamente a problemas de saúde e non existe ningunha motivación política que o levase a renunciar á candidatura.

    Agora, a intención de Luís Blanco é descansar e disfrutar da súa xubilación sen perder nin un só amigo por cuestións políticas.

    Redacción Barbanza