Campionato provincial de Xadrez en Vilagarcía

VILAGARCÍA> Esta fin de semana disputarase en Vilagarcía o Torneo Vital Dente de Xadrez, campionato valedoiro como proba provincial e clasificatorio para os Autonómicos deste ano. Preto de 250 xadrecistas de toda a provincia de Pontevedra participarán neste evento deportivo. Terá a modalidade de torneo suízo e dividirase en sete categorías: Absoluta, Xuvenil, Cadete, Infantil, Alevín, Benxamín e Promesas. Os locais do Fontecarmoa serán o club que máis xogadores achegue, uns cincuenta, seguidos pola Escola de Xadrez de Pontevedra e o Lucena de Vigo. Premiaranse ós tres primeiros de cada categoría e ó mellor clasificado. Ademais os patrocinadores do evento entregarán a cada participante unha camiseta, medalla conmemorativa, e a concellería de Cultura de Vilagarcía premiarán ós participantes do Absoluto cun libro.