O Ravachol, un símbolo do Entroido pontevedrés

Pontevedra> O Ravachol de Pontevedra, será enterrado este sábado 17 de febreiro, para despedir o entroido pontevedrés. Hoxe quixemos coñecer máis datos sobre este loro, figura clave e tradicional destas datas na Boa Vila, e que faleceu un luns de entroido do ano 1913.

O Ravachol é un símbolo xa do entroido pontevedrés. Este loro presidía a Botica de Don Perfecto Feijóo, situada na Praza da Peregrina, e era coñecido por todo o mundo.

O Loro faleceu un luns de entroido do ano 1913, e dende que se sacou o Entroido a rúa a figura do Loro tomouse como emblema do carnaval pontevedrés. Un loro que sempre chega con crítica, pero é que no seu momento el tamén tiña moita sorna.

E como non, a crítica que este ano o Ravachol trae neste Entroido está centrada no alumeado de Pontevedra durante as festas do Nadal.

Se todo segue segundo previsto, agás posibles cambios polas inclemencias meteorolóxicas, o Ravachol será enterrado este sábado 17 de febreiro.

Se queren asistir a esta cita, xa o saben, de rigoroso loito. Ás seis estarán na Praza da Verdura, ás 20:00 comezará a procesión polo caso vello para chegar á Praza da Ferrería, onde as nove da noite terá lugar a súa queima.