Samieira acolle este domingo o II Duatlon Cross Concello de Poio

duatlon100_160108_001.jpgPOIO > Máis de 150 atletas daranse cita nunha proba na que a estrela invitada será o Campión do Mundo de Tritalon Javier Gómez Noya.

O Concelleiro de Deportes de Poio, Miguel Anxo Pazos, presentou esta mañá o II Duatlon Cross Concello de Poio, acompañado de diferentes membros da organización.

Celebrarase este vindeiro domingo en Samieira e trátase da primeira proba puntuable para o circuito galego da especialidade. A competición desenvolverase en categorías junior, senior e veterán tanto para homes coma para mulleres. Levarase a cabo nas inmediacións do campo de fútbol de Samieira nun percorrido, din que asequible, que consistirá nunha carreira a pé de cinco quilometros, dezaoito máis en bicicleta para rematar con outros dous quilómetros e medio a pé. Todo un rompepernas.

Visto o éxito que obtivo o ano pasado, decidíuse repetir. A día de hoxe hai máis de 120 atletas inscritos, moitos deles de primeiro nivel nacional.

Entre os favoritos, os campións da pasada edición, Miguel Arias e Saleta Castro, ou o corredor local, Juan Sebastián Díaz. Tamén estará, pero non competirá,  Javier Gómez Noya, invitado de honor que entregará os trofeos ós campións. A organización do evento corre a cargo do Club Ciclista Samieira e Triatlon Monte Abaixo e da Federación Galega de Triatlon; ademais conta coa colaboración do Concello de Poio, entre outras institucións.

Todos eles animan á xente a que acuda o domingo a unha cita que de seguro vai ser espectacular. A saída, as 11 menos cuarto da mañá.

Redacción Salnés