The Hole chega ao Auditorio de AFundación do 9 ao 12 de febreiro

Pontevedra> Moito humor é o que poderemos atopar en The Hole, un espectáculo que estará no Auditorio da Sede de Afundación en Pontevedra do 9 ao 12 de febreiro. Esta mañá o promotor deste evento e a mestra de cerimonias presentaron esta obra, un cabaré do que xa desfrutaron máis de un millón de persoas no país e que chega por primeira vez a cidade do Lérez. 

 

Se queren pasar un bo rato e desfrutar dun bo espectáculo teñen a oportunidade de facelo do 9 ao 12 de febreiro no auditorio da Sede Afundación en Pontevedra con The Hole. Un espectáculo do que xa puideron desfrutar máis de un millóns de espectadores en todo o país e que agora chega nesta sexta tempada por primeira vez á cidade do Lérez. 

A mestra de cerimonias nesta ocasión será a actriz Cristina Medina que será a encargada de darlle paso ás actuacións, todo sempre con moito humor. 

14 artistas darán forma a este espectáculo de dúas horas e media, un show, do que segundo os seus protagonistas, sairás con enerxía moi positiva. 

Lembren dende o 9 ao 12 de febreiro a Sede de Afuncación en Pontevedra acollerá 6 funcións deste cabaré moderno. O xoves e o venres  haberá descontos do 20 por cento.  As entradas xa están a venda en ataquilla. Xa o saben hai que entrar no burato para poder saír del e para descubrilo teñen a oportunidade de facelo con este The Hole. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/18/the_hole_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/18/the_hole.mp4{/flowplayer}