Visitas, catas e experiencias singulares na nova programación enoturística de Martín Códax

CAMBADOS>  Martín Códax pon en marcha a súa programación enoturística. A adega inaugura a tempada cunha escolma de propostas para gozar dos seus viños e da comarca do Salnés.  Dende esta mesma semana, e aproveitando tamén o tirón da Semana Santa, ofrecerá diferentes visitas guiadas ás súas instalacións, que rematán con catas comentadas. Hai tamén outras experiencias moi vinculadas co mar e o sector conserveiro. Ademais dende finais de abril organizarán unha nova edición das Enoviaxes de Códax.

Martín Códax lanza a súa programación de actividades de enoturismo, coincidinco co arranque da campaña alta. A adega volve apostar por unha ampla oferta de visitas, cata e experiencias co viño como eixo condutor.

A programación xa está en marcha, pero terá en Semana Santa un dos seus grandes picos de afluencia. Entre as actividades, atopamos tres visitas e catas maridaxe comentadas. Un conxuto de propostas, explican, moi vinculadas ao territorio.

A isto hai que engadir outro paquete de experiencias singulares. Actividades vinculadas ao mar e moi arraigadas ás tradicións da zona, como o marisqueo, o sector conserveiro ou un paseo nun barco entre as bateas.

A todo isto hai que engadir As Enoviaxes de Códax, que volven a partir do 25 de abril. Unha proposta que vai moito máis alá dos viños de Martín Códax.

Unha proposta que se materializa coa visita de expertos de prestixio, que permitirán ao público viaxar polos viños e gastronomía de todo o mundo. Nesta edición percorrerán Chile, Italia ou Madeira.  

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí