• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Silvana Moril

Pontevedra> Esta mañá a presidenta da Deputación deu a coñecer as primeiros datos sobre os danos que ocasionou a vaga de lumes na provincia, que se levou 20 casas, 10 alpendres, 7 naves e máis de 10 mil hectáreas calcinadas. Carmela Silva amosouse moi incomodada esta mañá co vicepresidente da Xunta, e pediu a Feijóo o cese de Alfonso Rueda.
Pontevedra> Este mércores, 18 de outubro, vence a prórroga do contrato asinado coa empresa Clece para o Servizo de Axuda no Fogar. Dende o PP denunciaron esta mañá este feito e dixeron que se trata dun exemplo máis de que o BNG non ten os deberes feitos en tempo e forma.
Pontevedra> Minuto de silencio, esta mañá as portas do concello de Pontevedra, en sinal de do polos 4 falecidos a causa da vaga de lumes que nestes días asolou Galicia. Lores dixo esta mañá que é tempo de facer fronte a unha política forestal rigorosa e que loite pola seguranza dos nosos montes.
Pontevedra> O PP de Pontevedra levará unha moción ao pleno co fin de recuperar a Praza de Abastos de Estribela. Dende as filas populares piden que en lugar de derrubar o mercado, se potencie a súa función. E pola súa banda dende o Goberno Local insisten que van a relizar o acordado e demandado polo consello parroquial, Demetrio Gómez dixo alto e claro que son os propios veciños os que queren un salón de actos neste espazo.
Pontevedra> O gabinete de crise posto en marcha pola Deputación de Pontevedra, na madrugada do sábado. continúa activo. Esta mañá, a presidenta e vicepresidente desta administración, compareceron en rolda de prensa para dar conta da situación na que se atopa a provincia trala vaga de lumes que asola a nosa comunidade. Ambos mandatarios dixeron sentir unha profunda desolación polo que está sucedendo nos montes galegos.
Pontevedra> Dende o Concello de Pontevedra criticaron esta mañá a falta de coordinación da Xunta ante a situación crítica que o lume deixou nesta provincia. Lores dixo que en ningún momento se solicitou axuda dos bombeiros de Pontevedra, e que foi o propio concello o que se puxo en contacto co concello de Vigo para enviar reforzos.
Pontevedra > Neste 16 de outubro conmemorase o día Europeo da reanimación cardiopulmonar.O obxectivo desta xornada é concienciar á cidadanía que a aprendizaxe desta reanimación pode salvar vidas. Para isto, profesionais da sanidade, ofreceron en Montecelo clases prácticas para dar a coñecer este método en primeira persoa.
Pontevedra> A concelleira de Mercados anunciou esta mañá que en 15 días baixarase a lonxa de pescados da praza de Abastos ao primeiro andar. Unha reubicación que terá un custe de 21 mil euros e que ten como fin reordenar os postos e dinamizar a praza de Pontevedra.
Páxina 1 de 241
HomePONTEVEDRASilvana Moril Top of Page

Síguenos en facebook