• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 43

PONTEVEDRA (1289)

Os bolseiros fan balance das prácticas da Deputación
PONTEVEDRA> Tras un ano traballando como bolseiros, hoxe tocoulles facer balance da experiencia. Falámoslles de parte dos catrocentos mozos e mozas que veñen de formar parte no primeiro programa de prácticas laborais en administracións públicas da Deputación.
Comeza a Operación Centinela Gallego de vixia dos Montes
PONTEVEDRA> O exército volverá a vixiar os montes galegos. O seu obxectivo será persuadir e atallar ós posibles pirómanos e incendiarios para impedir que atenten contra os nosos montes. Estas labores serán posibles de novo este verán grazas ó convenio de colaboración que veñen de asinar o Ministerio de Defensa ca Consellería do Medio Rural.
Sete novos cursos para a ¿última? edición do ILES
PONTEVEDRA> Pontevedra ampliará ata final de ano o programa local de emprego social. A última oportunidade de ofrecer formación e unha vía de integración laboral a cidadáns do municipio xa que a partir do ano que vén non saben qué pasará coa iniciativa. Segundo a concelleira Carlota Román, a reforma da administración local retíralle este…
O acusado polo crime de Guillán xa está en liberdade
PONTEVEDRA> O acusado polo fraticidio de Guillán xa está en liberdade. Tralo xuízo celebrado esta semana na Audiencia Provincial de Pontevedra, Santiago Gómez ven de ser posto en liberdade esta noite, logo de que a pena imposta fose inferior ós dous anos de prisión provisional que estaba cumprindo. A familia de seu irmán finado xa…
O Fiscal abre á porta a tres anos e medio de condea polo crime de Guillán
PONTEVEDRA> O fraticidio de Guillán podería saldarse cunha condena de tres anos, seis meses e un día de prisión para o único acusado; Santiago Gómez Lorenzo. Alomenos esta é a nova postura que asume a Fiscalía ó entender que podería tratarse dun delicto de lesións con resultado de homicidio imprudente.
ABANCA anuncia 70 millóns de Euros de crédito para a provincia
PONTEVEDRA> ABANCA e a Deputación de Pontevedra veñen de asinar un acordo financeiro destinado a fomentar iniciativas de desenvolvemento económico e social da Provincia. Un proxecto que cobrará forma grazas a unha disposición de crédito de 70 millóns de euros ós que poderán optar empresas, familias, corporacións locais e organismos autónomos.
O PSOE de Pontevedra mobilízase contra a supresión da Audiencia
PONTEVEDRA> O PSOE de Pontevedra vai a emprender unha campaña de concienciación e protesta para evitar que se supriman os xulgados de primeira instancia e tampouco se elimine a Audiencia Provincial de Pontevedra. Os socialistas denuncian que esta é unha actuación máis na pretensión do PP de crear unha xustiza accesible só para os que…
Os familiares declaran no xuízo do crime de Guillán
PONTEVEDRA> Hoxe reanudouse na Audiencia de Pontevedra o xuízo polo crime de Guillán; unha xornada de declaracións na que os avogados quixeron esclarecer se a víctima ameazara ou non ca navalla de traballo ó presunto fraticida antes do crime, e quen a puido agochar tralos feitos. Tamén se relataron incidencias para sinalar o caracter de…
Poio celebrará esta fin de semana a XXVII Festa da Ameixa
POIO> A ameixa será a protagonista este fin de semana en Poio grazas á celebración, o sábado e o domingo, da 27 edición da Festa da Ameixa. Unha exaltación gastronómica con prezos anticrise.
O Concurso Mundial de Bruxelas premia 33 viños galegos
PONTEVEDRA> Cincuenta e seis adegas españolas recibiron este luns en Pontevedra os premios obtidos na última edición do Concurso Mundial de Bruxelas. Un evento internacional que por primeira vez aterra en Galicia como antesala do Concurso dos Viños Atlánticos que se estreará no 2015 en Rías Baixas. Entre os premiados, trinta e tres elaboracións galegas…
O presunto fraticida de Guillán argumenta lexítima defensa
PONTEVEDRA> Esta mañá comezou na Audiencia de Pontevedra o xuízo polo crime de Guillán, o fraticidio que tivo lugar nesta parroquia vilagarciá en Setembro do 2012. Na primeira vista, o acusado, Alfonso Gómez recoñeceu ter matado a seu irmán pero de xeito fortuíto, tras disparar a escopeta cara ó chan. Asegurou telo feito en defensa…
A reforma electoral levanta paixóns entre os políticos pontevedreses
PONTEVEDRA> A reforma electoral que podería sacar adiante o Partido Popular crea polémica alá onde se fala dela; malia que aínda son poucos os detalles que se coñecen da mesma. O último debate contido tivo lugar esta mañá entre o Presidente da Deputación e o Alcalde de Pontevedra.
HomePONTEVEDRA Top of Page

Síguenos en facebook