• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

PONTEVEDRA (1287)

O Marexadiña Campelo aterra en Poio con moitas actividades
Pontevedra> Esta fin de semana a parroquia de Campelo, no concello de Poio acollerá o Marexadiña. Unha cita destinada para todos os membros da familia onde os pequenos serán os grandes protagonistas. Hinchables, concertos e actividades acuáticas daranse cita neste evento que se celebrará os días 14 e 15 deste mes.
Carmela Silva sinte vergoña polo non do PPdeG a Lei de Identidade de Xénero
Pontevedra> A presidenta da Deputación de Pontevedra, considera unha vergoña que o PPdeG non aprobe a lei de identidade de xénero que mañá se debaterá no Parlamento galego. Unhas declaracións que realizou esta mañá na presentación do documental Sorrisos transformadores sobre as persoas transexuais.
Pontevedra postúlase como candidata para acoller o Europeo de Loitas Olímpicas
Pontevedra> A Federación Internacional de Loita visitou esta mañá as instalacións de Pontevedra para acoller o Europeo Junio de 2019. A cidade do Lérez é candidata oficial e compite con outras dúas localidades de Moldavia e Polonia. En marzo do 2018 saberemos qué lugar acollerá esta cita deportiva.
Ana Pontón demanda un cambio urxente na política forestal
Pontevedra> A voceira galega do BNG estivo esta mañá ás portas de Ence demandando un cambio na política forestal. Ana Pontón propúxolle hoxe á Xunta, a creación dun gran acordo de país que deixe atrás o modelo do monocultivo de eucalipto, que tanto afecta nos montes galegos.
A Festa do Tinto de As Neves reivindica a importancia do tinto das Rías Baixas
AS NEVES> Despois de varias presentacións na provincia, finalmente chegou a celebración da Festa do Tinto de As Neves. Un evento que nesta ocasión celebraba a súa doceava edición reivindicando a importancia do tinto de Rías Baixas.
A internacionalización chegará a XIX edición do Salón do Libro
Pontevedra> A décimo novena edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil terá como temática central as mulleres de conto. Será un ano que chegará cheo de novidades entre elas a internacionalización do evento con México como país convidado. Unha cita que se celebrará do 6 ao 29 de abril no Pazo da Cultura.
As persoas con parálise cerebral protagonistas no Pazo Provincial
Pontevedra> O Hall do Pazo Provincial acolle dende hoxe e ata o 20 deste mes unha exposición sobre a integración das persoas con parálise cerebral. Unha mostra itinerante que ten como obxectivo dar visibilidade e protagonismo a este colectivo.
Prisión permanente revisable para o parricida de Moraña
Pontevedra> Sentencia firme para o parricida de Moraña que asasinou brutalmente as súas dúas fillas. A maxistrada condenou, no momento e na propia sala, á pena de prisión permanente revisable a David Oubel. Trátase do primeiro español ao que se lle impón esta medida recollida na última reforma do Código Penal.
Comeza a preparación da décima edición de Culturgal
Pontevedra> Os días 1-2-3 de decembro o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá a décima edición do Culturgal. Unha edición especial que chegará dúas novidades, a primeira: a presenza de Portugal neste evento, e a segunda: a creación dun espazo expositivo de arte contemporánea.
A Defensa do parricida confeso asume as acusacións do Fiscal
PONTEVEDRA> O parricida confeso de Moraña, pendente de veredicto. Será mañá cando o xurado se retire a deliberar, despois de dúas sesións de xuízo. Hoxe, a defensa de David Oubel asumiu todas as acusacións da Fiscalía, despois de que onte fora o propio parricida quen confesara os feitos. De ser declarado culpable, estaría ante a…
172 mulleres protagonistas da exposición "Rexas, mulleres baixo o terror franquista"
PONTEVEDRA> O Pazo Provincial foi o lugar elixido para a presentación da exposición "Rexas, mulleres baixo o terror franquista". A mostra estará dispoñible ata final de ano en diferentes concellos da provincia, para todo aquel que a queira visitar.
O parricida de Moraña recoñece que matou as súas fillas
PONTEVEDRA> O parricida de Moraña recoñeceu esta mañá que matou as súas dúas fillas cunha radial. David Oubel declarou durante a primeira sesión do xuízo que xulga o asasinato das dúas pequenas, producido en Moraña o 31 de xullo de 2015. Na súa intervención, aceptou tamén as valoracións forenses que aseguran que era consciente dos…
HomePONTEVEDRA Top of Page

Síguenos en facebook