• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

PONTEVEDRA (1135)

Feijóo solicita a transferencia do Pazo de Lourizán
Pontevedra> O presidente da Xunta tamén falou sobre o Pazo de Lourizán e a planta de biomasa de ENCE. Feijóo cree que é necesario que o antes posible a Deputación lle transfira a xestión do Pazo á Xunta. E en relación ao proxecto de ENCE, o presidente ten claro que realizarán un plan sectorial para…
Dende setembro os grupos do concello non acordaron o cambio do día do pleno e as limitacións nas intervencións
Pontevedra> Dende as filas populares de Pontevedra criticaron esta mañá que o concello non modifica o regulamento plenario, algo do que leva falando dende setembro do 2016.Pola súa banda, dende o Goberno Local dixeron esta mañá que dita modificación non sería necesaria, soamente precisarían un acordo. Raimundo González dixo que, para chegar a ese acordo,…
18-19 de marzo Campionato Galego por equipos en Pontevedra
Pontevedra> O 18 e 19 de marzo as instalacións do Club de tenis de Pontevedra acollerán o Campionato Galego por equipos 2017. Unha cita na que participan 12 equipos da nosa comunidade e busca poñer en valor o esforzo colectivo e a importancia do traballo en equipo.
O Mareantes inaugura a súa carpa de San Patricio
Pontevedra> Esta mañá quedou inaugurada a carpa de San Patricio que un ano máis achegan dende o Mareantes Club de Rugby de Pontevedra. Na praza de España, dende hoxe e ata o domingo, poderán desfrutar dunha ampla oferta gastronómica e musical, e como non, de moita cervexa branca, tostada ou negra.
Ponte do Burgo, Gorgullón, Virxe do Camiño e Cruz Vermella en execución no 2018
Pontevedra> O concelleiro de Mobilidade en Pontevedra anunciou esta mañá que as obras planificadas para o Ponte do Burgo, Virxe do Camiño, o Gorgullón e Cruz Vermella estarán en execución no vindeiro ano. Luís Bará dixo que se tratan de proxectos moi importantes para a capital de provincia e que apostan polo modelo de cidade…
Obraodiros para economizar a lista da compra na Casa Azul
Pontevedra> A Fundación Amigos de Galicia impartiu esta mañá un curso de Economía Doméstica e Cociña. Un evento no que participaron máis de 80 persoas usuaruas dos servizos sociais do concello de Pontevedra. O fin desta iniciativa é axudar a levar a cabo unha boa organización do orzamento familiar e técnicas de aforro á hora…
Pontevedra acollerá o XII Congreso Bienal SETRADE
Pontevedra> O 18 e 19 de maio o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá o XII Congreso Bienal da Sociedade Española de Traumatoloxía do deporte. Un evento centrado nesta ocasión no fútbol e o atletismo. Preto de 300 profesionais nacionais e internacionais formarán parte desta cita que acollerá a cidade do Lérez.
O saneamento do río Gafos será unha realidade antes de finais de ano
Pontevedra> Esta mañá celebrouse a mesa de contratación para o saneamento do Río Gafos. Un traballo ao que optan 18 empresas cun investimento de un millóns 126 mil euros. O obxectivo desta obra é o de mellorar e incrementar a capacidade de colectar no percorrido que transcorre en pararelo ao río Gafos. Uns traballos que…
Luís Bará presenta o seu libro Non des a esquecemento
Pontevedra> O deputado e concelleiro do BNG Luís Bará presentou hoxe o seu libro Non des a esquecemento. Unha obra literaria que pretende darlle visibilidade a historias reais da época do franquismo. Bará dixo esta mañá que se trata dun libro de emocións. Os beneficios acadados con este traballo irán destinados ao Bosque da Memoria.
Decenas de nen@s desfrutaron esta mañá de contacontos e de visitas guiadas no Salón do Libro
Pontevedra> Decenas de escolares puideron desfrutar nesta xornada da décimo oitava edición do Salón do Libro. A través de obradoiross e de contacontos, estes estudantes puideron adentrarse no mundo da literatura e tamén descubrir a exposición na que participan máis de 50 centros da provincia.
Arranca unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil
Pontevedra> Esta tarde quedou inaugurada a decimo oitava edición da Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Baixo o lema o mundo que queremos, máis de 14 mil nenos poderán desfrutar desta cita. Unha feira, que ata o 2 de abril, achega ao Pazo da Cultura e ao Recinto Feiral máis de 300 actividades…
Lourizán contará cun dos centros sociais máis grandes da cidade
Pontevedra> Lourizán contará cun dos centros sociais máis grandes de Pontevedra. Esta mañá o concelleiro delegado desta parroquia anunciou o proxecto aprobado e consensuado cos veciños. Un centro que contará con 672 metros cadrados e que recibirá un investimento de 541 mil euros. Dende o concello agardan comezar os traballos antes de finais deste ano.
HomePONTEVEDRA Top of Page

Síguenos en facebook