• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

PONTEVEDRA (1098)

Alcalde..."teño unha pregunta para vostede"
Pontevedra> Os alumnos de cuarto de primaria do colexio Vidal Portela, de Pontevedra, convertéronse en xornalistas por un día. O alcalde recibiunos na sala de prense e alí tivo que someterse a un cuestionario de preguntas que tiñan preparadas estes estudantes. Os orzamentos, os parques infantís ou os lombos foron algún dos temas que saíron…
Ata o domingo, o mellor café de España sérvese en Pontevedra
Pontevedra> O IV Festival de Cafés Especiais inaugurouse esta mañá no Recinto Feiral de Pontevedra. Unha cita onde nos podemos atopar os mellores profesionais e o mellor produto. A entrada é de balde, así que xa o saben, ata o domingo 14 de maio poden degustar o mellor café na Boa Vila.
Carmela Silva aposta por un servizo unificado de información ao turismo
Pontevedra> A Xunta de Goberno da Deputación aprobará mañá a adxudicación, á empresa Valora Consultores, da redacción do Plan Estratéxico de turismo. Unha rolda, a desta mañá, onde a presidenta criticou as declaracións de Nava Castro, en relación a unificación das oficinas de turismo, e lembroulle que, dende a administración galega non fixeron os deberes…
O concello recibe a un Teucro que xa é da Liga Asobal
Pontevedra> A corporación municipal recibíu hoxe ao Teucro na Casa das Campás. Un encontro que tivo lugar tralo ascenso a Liga Asobal deste club pontevedrés. Dende o concello dixeron que era unha honra ter un equipo de balonmán en primeira liña a nivel nacional. E dende o club aproveitaron a ocasión para pedir a máxima…
Centos de escolares da provincia desfruta do Gatuxo en Afundación
Pontevedra> Ao longo desta semana os escolares da provincia poderán desfrutar da obra Gatuxo. Un traballo de Magín Blanco que aterra en Afundación de Pontevedra ao longo de toda esta semana. Nesta obra os pequenos de 3-5 anos poderán atopar unha metáfora do crecemento dos pequenos a través do humor e a música.
Piden que se faga xustiza trala falsa violación á que acusaron aos seus fillos
Pontevedra> Piden xustiza. As nais de tres mozos que foron denunciados por unha falsa violación en Monte Porreiro, Pontevedra, queren que a moza pague polos danos ocasionados. Os mozos tiveron que estar no calabozo e viviron momentos de moita tensión no último ano. Agora queren que a xustiza actúe.
O mellor café de España servirase no recinto feiral do 11 ao 14
Pontevedra> Do 11 ao 14 de maio o Recinto Feiral de Pontevedra acollerá o IV Festival de Cafés Especiais de España. Un evento que se dividirá en 5 disciplinas, barista, Latte Art, Brewers, Coffe Good Spirits e Cup Tasters. O campión, nas cinco modalidades, terá a oportunidade de representar a España nos Campionatos Mundiais que…
A ordenanza de veladores progresa adecuadamente
Pontevedra> A nova ordenanza de veladores en Pontevedra continúa co seu proceso de participación. Na pasada tarde a concelleira Anabel Gulías reuníase cos comerciantes da cidade. Dende esta entidade pediron que a ampliación dos horarios nas terrazas non choquen coa convivencia veciñal e coa súa actividade.
O albariño proponse como unha alternativ ao chardonnay en EE.UU
Pontevedra> Cinco prescriptoras estadounidenses iniciaron hoxe unha visita a Denominación de Orixe Rías Baixas. O obxectivo coñecer con maior profundidade os viños que se elaboran nas diferentes subzonas. Nesta visita deixaron claro que o albariño está en auxe nos Estados Unidos presentándose como unha alternativa ao chardonnay. REPOR Cinco prescriptoras estadounidesnses están estes días nas…
Uxía e Isabel Risco inauguran as visitas cruzadas no Museo
Pontevedra> O mes de maio trae moitas actividades culturais a Boa Vila, entre as Visitas Cruzadas do Museo de Pontevedra. Un evento organizado pola Deputación de Pontevedra que ten como fin amosar a arte deste edificio dende outro punto de vista. As protagonistas desta primeira edición foron Uxía e Isabel Risco.
O "roteiro Tonucci" invade as rúas de Pontevedra
Pontevedra> Tonucci segue presente na Boa Vila. Dende a Deputación de Pontevedra organizan nas vindeiras semanas uns roteiros que levan o nome deste pedagogo italiano. O obxectivo, que os nenos xoguen pola cidade e reflexionen sobre o que lle faría falta no seu día a día.
A gastronomía do camiño aterra no Mercado de Pontevedra
Pontevedra> O Mercado de Pontevedra acolleu esta mañá a campaña “Degusta Europa, a gastronomía no Camiño”. Unha iniciativa que ten como fin potenciar os mercados da provincia. A vindeira semana as paradas serán no Grove e en Arcade.
HomePONTEVEDRA Top of Page

Síguenos en facebook