09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

PONTEVEDRA (1398)

Lores recibe aos 20 alumnos alemáns que participan no programa de intercambio co Valle Inclán
Pontevedra> O alcalde de Pontevedra recibiu esta mañá no concello aos estudantes alemáns que pasarán 11 días en Pontevedra. Trátase dun intercambio que realizan con estudantes de terceiro e cuarto da ESO do instituto Valle Inclán. Estes mozos estudan español como segunda lingua e amosáronse encantados de pasar estes dias na capital de provincia.
Luis Rei anuncia a súa candidatura ás primarias de Marea Pontevedra
Pontevedra> O actual voceiro da Marea de Pontevedra anunciou esta mañá que se presentará as primarias do seu partido de cara ás eleccións do 2019. Luis Rei agarda que este proceso teña lugar a comezos do vindeiro ano. Rei considera que debería de ser el quen encabece a lista co fin de non deixar a…
A Feira Etiqueta Negra aterra esta fin de semana con 67 produtores gourmet galegos
Pontevedra> Todo listo para dar o pistoletazo de saída á segunda edición da Feira Etiqueta Negra. Unha cita que reunirá os días 28,29 e 30 deste mes a 67 produtores gourmet galegos. Os amentes da boa gastronomía teñen unha cita esta fin de semana no Recinto Feiral de Pontevedra en horario de 11:00 a 20:30…
Rueda prenséntalle a Lores o proxecto de rehabilitación do edifico de Benito Corbal
Pontevedra> O vicepresidente da Xunte presentoulle esta tarde ao alcalde, no concello, o proxecto de rehabilitación do edificio de Benito Corbal. A alcalde amosouse máis que satisfeito con este proxecto. E Rueda insistiu en que se cumprirán os prazos e estará rematado para o primeiro trimestre deste ano.
Carmela Silva solicita que o estado declare a Galicia como &quot;zona afectada gravemente&quot;
Pontevedra> A presidenta da Deputación, solicitará ao delegado do Goberno en Galicia, que o Estado decrete a nosa comunidade como zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil. Trátase dunha nova lei aprobada no 2015 que ten que se aceptada polo Consello de Ministros. Con este visto bo a axuda sería directa e rápida…
Comisións Obreiras esixe colaboración da Deputación trala vaga de lumes
Pontevedra> E se dende a Deputación botaron man dunha nova lei, dende comisión obreiras lembraron o contido da lei de racionalidade e sustentabilidade de réxime local. Unha lei, que segundo este sindicato, indica que a Administración Provincial debe formar parte das axudas aos damnificados pola vaga de lumes.
Case 700 Gardas Civís participaron no dispositivo contra o lume
PONTEVEDRA> Recoñecemento aos Gardas Civís que participaron no operativo contra a vaga de lumes do pasado domingo. A subdelegada do Goberno en Pontevedra visitou esta mañá a comandancia para agradecer aos axentes o seu esforzo e dedicación nesta crise. Só o domingo mobilizáronse 680 axentes, algúns de vacacións ou de baixa, que coordinaron a evacuación…
Os comuneiros culpan dos lumes á falta de xestión forestal
PONTEVEDRA> Os comuneiros de Pontevedra piden compromiso das Administracións e da cidadanía para evitar que se repita a vaga de lumes da pasada fin de semana. Desbotan, ademais, que exista unha trama organizada trala situación do domingo, e sinalan unicamente á falta de xestión forestal como responsable. As comunidades de montes de Pontevedra esixen a…
Os socialistas demandan a modificación da Lei de Montes
Pontevedra> O PSOE presentará no pleno da Deputación e en todos os concellos da provincia unha moción sobre a vaga de lumes sufrida en Pontevedra. Dende as filas socialistas cren que non se poden cometer erros en políticas de extinción e demandan, con urxencia, unha nova lei de montes.
En Marea considera imprescindible abrir un debate sobre o modelo de ordenación do territorio
Pontevedra> Denuncias tamén dende o grupo En Marea. O voceiro deste partido estivo hoxe en Pontevedra, Luis Villares, considera que as axudas que anunciou a Xunta, ante a vaga de lumes, son imprescindibles e insuficientes. Villares cree que o Goberno Galego debe abrir un profundo debate sobre o modelo de ordenación do territorio na nosa…
O luns 23 comeza a campaña de vacinación antigripal
Pontevedra> O 23 de outubro comeza a campaña de vacinación que lanzan dende a Consellería de Sanidade. Trátase dunha iniciativa que se desenvolverá ata o 29 de decembro e que ten como fin minimizar o impacto en saúde da gripe na poboación galega, tentando diminuír o número e a gravidade das complicacións que poida ocasionar…
Moldes: &quot;a actuación da presidenta non pode ser a dun hooligan do PSOE&quot;
Pontevedra> Dende as filas do PP provincial levarán unha moción ao pleno da Deputación, co fin de solicitar a esta administración que colabore cos danos ocasionados trala vaga de lumes da pasada fin de semana. Moldes pediulle esta mañá a Carmela Silva que actúe como presidenta da Deputación e non como unha hoolingan do PSOE.
HomePONTEVEDRA Top of Page

Síguenos en facebook