• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

PONTEVEDRA (1052)

Lourizán contará cun dos centros sociais máis grandes da cidade
Pontevedra> Lourizán contará cun dos centros sociais máis grandes de Pontevedra. Esta mañá o concelleiro delegado desta parroquia anunciou o proxecto aprobado e consensuado cos veciños. Un centro que contará con 672 metros cadrados e que recibirá un investimento de 541 mil euros. Dende o concello agardan comezar os traballos antes de finais deste ano.
A avogacía consegue botar atrás o IVE na quenda de oficio
Pontevedra> Finalmente, e grazas a presión da avogacía en todo o estado, o Ministerio de Facenda non cobrará o IVE na quenda de oficio. Dende o Colexio de Avogados de Pontevedra, lembraron que se trata dun servizo público e de carácter social, co cal, un aumento do gasto nun 21 por cento poría en risco…
A Deputación presenta o seu plan de melloras para os espazos públicos
Pontevedra>Dende a Deputación de Pontevedra anunciaron esta mañá o plan de melloras de espazo públicos da provincia. Unha iniciativa que ten como fin mellorar a estética e poñer en valor o traballo que realizan dende a Escola de Cantería ou a estación fitopatolóxica de Areeiro. 23 concellos están interesados neste plan, pero a presidenta xa…
O 2016 deixou 317 divorcios en Pontevedra
Pontevedra> O 2016 deixou máis de 300 divorcios en Pontevedra. O que significa que case unha parella o día decide romper o seu matrimonio. Así o recolle o Consello Xeral do Poder Xudicial no seu informe anual do número de demandas de ruptura matrimonial. A cidadanía pontevedresa cree que os fillos, as infidelidades e a…
O 80% do ensino secundou a folga xeral deste 9 de marzo
Pontevedra> Neste 9 de marzo o ensino está chamado á folga xeral en contra da Lomce e do decreto de 3+2. Unha folga que segundo a plataforma en defensa do ensino público secundaron preto do 80 por cento dos centros na provincia. En Pontevedra a mobilización partía pasadas as once e media da mañá da…
Carmela Silva agradece o traballo que realizan dende a Garda Civil
Pontevedra> A presidenta da Deputación visitou esta mañá as instalación do cuartel da Garda Civil en Pontevedra. Silva destacou a labor que dende este corpo se presta na provincia. A presidenta tamén fixo fincapé no investimento que nese espazo realizaron dende o Goberno de Louzán e lembrou os 150 mil euros que a Deputación investirá…
Villares e Rei critican o proxecto da A-57 que están levando a cabo dende a Xunta
Pontevedra> Dende Marea criticaron duramente o proxecto da A-57 que a escondidas están levando a cabo dende a Xunta de Galicia. Dende este partido, dixeron esta mañá, que o primeiro tramo deste proxecto xa está licitado, sería o que pasa pola Fracha, e que agora o fin da Xunta e crear unha autovía en paralelo…
Dende a Deputación demandan igualdade, erradicación da violencia machista e máis educación
Pontevedra> Neste 8 de marzo dende a Deputación de Pontevedra tamén quixeron render a súa homenaxe ás mulleres. Para isto ás 12:00 as mulleres traballadoras secundaron o paro convocado para esta xornada. Un acto onde a xefa do servizo de igualdade leu un manifesto no que se reivindicaba a igualdade e a loita das administracións…
Os Bombeiros celebran tamén neste 8 de marzo o seu día
Pontevedra> Neste 8 de marzo tamén se celebra o día dos Bombeiros. O acto central desta xornada tivo lugar no parque da cidade do Lérez. O novo xefe deste corpo, dixo esta mañá, que na actualidade están traballando nun plan estratéxico para garantir máis a seguridade da cidadanía.
Ata o 19 de abril podes particiar na XXIV edición do Ben veñas, maio
Pontevedra>Un ano máis e xa van 24 chega a Pontevedra unha nova edición de Ben veñas maio. Unha actividade destinada aos institutos públicos do concello que ten como fin promover o uso da lingua galega nas diferentes artes como a poesía, a música ou a fotografía. Este ano como novidade haberá certame de curtametraxes e…
Pontevedra reivindica a igualdade da muller cun parón neste 8 de marzo
Pontevedra> Dende os colectivos feministas de todo o país estaba convocado un parón de 12:00 a 14:00 para as mulleres traballadoras. Un parón que secundaron decenas de mulleres na Praza da Peregrina de Pontevedra. A mensaxe da xornada quedou clara, loita pola igualdade e polos dereitos da muller.
A muller, protagonista absoluta do 8 de marzo para a Deputación
PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra centrará o seu 8 de marzo na conmemoración do Día Internacional da Muller. Durante a xornada de mañá, a axenda da presidenta provincial levaráa a diferentes puntos da provincia que acollerán actividades a prol da igualdade. Mañá conmemórase o Día Internacional da Muller. Unha xornada que marcará a axenda da…
HomePONTEVEDRA Top of Page

Síguenos en facebook