• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

PONTEVEDRA (1135)

O sector marisqueiro da ría volve ao traballo tras 13 días de peche pola toxina
Pontevedra> O sector marisqueiro da Ría de Pontevedra volveu hoxe ao traballo despois do peche, debido á toxina, o 5 de abril. Pola contra, no sector bateeiro, continúan todos os polígonos pechados. Un cambio de tempo podería beneficiar a esta situación, que afecta sobre todo, ao mexillón.
A Ruta do Viño Rías Baixas recibíu máis de 100 mil visitas no 2016
Pontevedra> Máis de 100 mil persoas visitaron ao longo do 2016 a Ruta do Viño Rías Baixas. Rexístrase así, un incremento do 15 por cento en relación ao 2015. Este primeiro balance, baseado nos datos do informe da Asociación de Cidades Españolas do Viño, foi presentado esta mañá polo presidente da Ruta do Viño e…
A Subdelegación do Goberno volverán a condecorar a Óscar Graña
Pontevedra> A Subdelegada do Goberno en Pontevedra recibiu esta mañá a Óscar Graña. Unha recepción onde o comisario provincial, e a propia Subdelegada, anunciaron que Graña será proposto para unha nova condecoración polo seu novo rescate a unha muller no río Lérez.
Poio móvese polo deporte cun investimento de máis de 200 mil euros
Pontevedra> Poio móvese polo Deporte cun investimento de máis 220 mil euros para este 2017. A concelleira desta área presentou esta mañá a programación deportiva ata o mes de outubro nas diferentes parroquias do concello. Marga Caldas destacou a especial atención que nestas contas se lle presta ao deporte base.
Óscar Graña volve salvar unha muller de afogar no Lérez
PONTEVEDRA> O padexeiro Óscar Graña volveu ser protagonista esta mañá dun rescate no río Lérez. O deportista, Policía Nacional de profesión, rescataba a unha muller que se estaba a afogar á altura da ponte do tren de Monte Porreiro. O padexeiro Óscar Graña volveu converterse nun heroe nas augas do río Lérez. O deportista, Policía…
O comercio pontevedrés, 'A pé de rúa'
PONTEVEDRA> Promocionar o comercio local e atraer clientes aos establecementos da vila, seguen a ser algúns dos principais obxectivos do concello de Pontevedra. Con esta idea, a marca Capital Shopping da un paso máis co programa “A pé de rúa”. Unha iniciativa que arrincará o sábado 22 de abril nas rúas Peregrina e Michelena. O…
Poio, disposto a pagar o custo das expropiacións para mellorar a PO-308
POIO> Continúan as reaccións trala morte do ciclista o pasado domingo nun atropelo na PO-308. Hoxe, foi o goberno de Poio o que esixiu medidas urxentes de seguridade viaria nesta estrada de titularidade autonómica. Aseguran que a cesión voluntaria dos terreos que pretende o goberno galego non é operativa, así que reclaman á consellería que…
O 67,5% do estudantado da ESO navega por internet sen límites
Pontevedra>Pontevedra ven de facer públicos os resultados do uso das novas tecnoloxías en estudantes da ESO. Un estudo realizado a través da concellería de Benestar Social que revela que o 67,5 por cento do estudantado navega por internet sen límites, e que o 24,9 por cento entraron en páxinas con contido erótico.
Concello e Deputación aunan o servizo de información ao turismo en Pontevedra
Pontevedra> Concello de Pontevedra e Deputación provincial unifican o servizo de información turística de Pontevedra no Palacete das Mendozas. Dende estas dúas administracións agardan a incorporación do servizo da Xunta, co fin, din, de facilitar toda a información necesaria, e contar cun único punto para os visitantes da Boa Vila.
Dende a protectora Os Palleiros axudan a Barroco a saír adiante
Pontevedra> Barroco, o can que chegou o domingo a protectora Os Palleiros evoluciona favorablemente. Tratase dun can que viña con feridas moi graves, provocadas por unha pelexa, e que deixaron abandonado ás portas deste local. Dende esta protectora, solicitan a colaboración dos cidadáns para tentar identificar o dono do animal e poder denuncialo ante a…
Investigan por homicidio imprudente ao condutor que atropelou a dous ciclistas en Poio
POIO> O condutor octoxenario que o pasado domingo atropelaba a dous ciclistas en Poio, causando a morte dun deles, será investigado como suposto autor dun delito de homicidio imprudente. Como primeira medida, ten retirado o seu permiso de conducir. O importante tránsito de vehículos que rexistra esta estrada, e segundo coinciden políticos, deportistas e viandantes,…
O Open de Natación e a Copa de España de Piragüísmo converten a Pontevedra na capital do deporte
Pontevedra> Pontevedra foi a capital do deporte nacional na fin de semana. Pontemuíños está a acoller, dende o sábado, o campionato de España de natación. Un evento onde Mireia Belmonte conseguiu a súa praza para os Mundiais de Budapest. E ademais, o río Lérez, foi o escenario da Copa de España de piragüismo na modalidade…
HomePONTEVEDRA Top of Page

Síguenos en facebook