• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

SALNÉS - CALDAS (8266)

As últimas novas acontecidas nas comarcas do Salnes e Caldas.

José Luis Villanueva toma posesión como Patrón Maior de Carril
VILAGARCÍA> José Luis Villanueva xa é oficialmente patrón maior da confraría de Carril. Este mediodía, Villanueva tomaba posesión e recuperaba a dirección do pósito carrilexo. Como tarefas por diante, o parquista marca dúas principais na axenda: revisar a situación da confraría e a organización da Festa da Ameixa de Carril, envolta de polémica polos desencontros…
Terra de Asorei invita á reflexión no Foro do Albariño
MEIS> Terra de Asorei aposta por un sector vitivinícola adaptado ao século XXI. Esta transformación será a cuestión central do Foro do Albariño que a adega organiza dende hai sete anos, e que se celebrará o venres 30 de xuño no Pazo Ulloa de Cambados. "Estratexias para a adega do século XXI". Este é o…
Solifesti: os nenos de Meis cantan por Siria
Oito grupos de estilos diferentes amenizaron onte á tarde a primeira edición do Solifesti. Un evento musical organizado polo Colexio de Mosteiro, en Meis, a beneficio do pobo sirio. Moi atentos, porque para esta reportaxe tivemos a sorte de contar cuns reporteiros moi especiais. Hoxe tocou despedir o curso, pero no Centro Público Integrado de…
As verduras precisan ventilador no Mercadena de meaño
As altas temperaturas e a onda de calor nos afecta a todos, pero ós vendedores de Mercadena, a praza de abastos de Meaño, de xeito especial. As temperatiras que superan os 40 graos nas instalacións provocan importantes perdas económicas. Os praceiros demandan unha solución ó concello. Esta mañá estivemos con eles. Na praza de abastos…
VI Competición da Liga Galega de Slalom chega a Ribadumia
RIBADUMIA> O concello de Ribadumia e a Federación Galega de Piragüismo xa teñen todo preparado para slalom de esta modalidade, que se celebrará este domingo 25 de xuño.
200 deportistas paraticiparán no II Triatlón de Cambados
CAMBADOS> O II Triatlón Popular de Cambados colga o cartel de cheo. Uns 200 triatletas participarán nesta proba que terá lugar o vindeiro sábado 24 de xuño.
Os Panos Brancos chegan a Cambados este luns
CAMBADOS> A Campaña de Sensibilización Social Panos Brancos Contra a Droga chega a vila do Albariño. Este luns, 26 de xuño, lérase un manifesto na Praza do Concello para concienciar a xuventude sobre os danos das drogas.
Tres coles vilagarciáns premiados polo programa Igualdade na Escola
VILAGARCIA> O Salón Nobre do concello de Vilagarcía acolleu esta mañá a entrega de Premios pola Igualdade na Escola que o consistorio entrega a aqueles centros que traballan en prol da mesma. Nesta ocasión os premiados cun cheque de cincocentos euros cada un, foron os centros de Arealonga, Rubiáns e a unitaria de Aralde.
"Máis zapatillas, menos pastillas"
Máis Zapatillas, menos pastillas. É o obxectivo que Cambados lle propón para os maiores do seu concello e de toda a comarca. Por iso é o lema da Andaina Solidaria para a terceira idade que terá lugar o domingo 30 de xullo, onde o recadado irá destinado a axudar a enfermos de alzheimer .Esta mañá…
Poio traballa na seguridade das festas do San Xoán
POIO> Co gaio da festa do San Xoán en Poio, o concello preparou un Plan de Seguridade e do Tráfico, co que garantir que a celebración transcorra sen ningún tipo de problema. Este non foi o único punto que se tratou senón que aproveitouse o momento para presentar a I Pedalada de Poio, que se…
Os poienses recollerán as herbas do San Xoán
POIO> O programa das Festas de San Xoán ven cargado de actividades. Unha delas é das que máis arraigo ten entre os veciños, e porque non dicilo, entre os galegas e galegas de toda a comunidade. Estamos a falarlles da recollida de herbas aromáticas que despois de mesturalas con auga utilizase para lavar a cara…
A Mancomunidade do Salnés leva a Cidade Europea do Viño ata Alemaña
CAMBADOS> A esta hora xa está en Alemaña unha comitiva da Mancomunidade do Salnés e do concello de Cambados, para presentar xuntos durante estes días á capital do Albariño como Cidade Europea do Viño. Esta promoción internacional terá como escenario a Kieler Woche, o evento náutico máis relevante do norte de Europa. Antes de partir,…
Páxina 1 de 345
HomeSalnés - Caldas Top of Page

Síguenos en facebook