1300 nenos participarán no Torneo Internacional de Fútbol Base Congalsa

RIBEIRA> Un total de 45 equipos tomarán parte no Torneo Internacional de Fútbol Base Congalsa que se celebrará en Ribeira o 25 e o 26 de maio. Tódolos fondos recadados irán destinados á Fundación Aladina, de apoio ós nenos con cancro.

O campo de fútbol da Fieteira albergará entre o 25 e o 26 de maio a preto de 1300 rapaces dos 45 equipos que participarán no Torneo Internacional Congalsa de Fútbol Base. Ademais dunha nutrida representación de clubs galegos destacan os principais equipos a nivel nacional co Real Madrid xa confirmado así como internacional xa que estarán presentes Portugal e Francia.

O promotor deste torneo Julio Mariño quixo agradecer a gran implicación das empresas da comarca que fan posible a celebración dun torneo de tal envergadura, con Congalsa como principal patrocinador e o adestrador Yago Igresias como padriño do evento.

Máis aló do carácter deportivo destaca a vertente solidaria posto que tódolos fondos recadados van destinados á fundación Aladina, para apoiar a nenos con cancro e ás súas familias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí