• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Catro feridos tras precipitarse por un terraplén

Xan 18 Escrito por 
Hoxe o mediodía un vehículo Renault Meganne conducido por unha muller circulaba en dirección a Vilagarcía cruzou a vía e aprecipitábase por un terraplén nas proximidades do cruce de Moraña na N-640 o seu paso por Caldas de Reis. 
No vehículo viaxaban outras tres persoas máis que resultaron feridas de distinta consideracióna ainda que dous deles puderon sair do coche polo seu propio pe. Ata o lugar achegáronse membros de Protección Civil de Cuntis e Caldas, así como membros da Policiía Local de Cadas e da Garda Civil.      
Etiquetado como Sucesos Accidentes    Caldas    Tráfico   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Domingo, 19 Xaneiro 2014 20:39

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Falece un motociclista nun accidente de tráfico en Bamio
    Un veciño de Cornazo de 30 anos, faleceu onte á noite tras resultar cohcar a súa motocicleta cun turismo á altura dos semáforos de Bamio , en Vilagarcía. O sinitros aconteceu pouco antes de medianoite, cando o motorista, Daniel Angustias, un mozo de 30 anos veciño da parroquia vilagarciá de Cornazo, colidía cun vehículo que realizaba unha manobra indebida neste cruce do Campanario, en Bamio. Os servizos de emerxencias de Vilagarcía asistiron ó lugar, pero o rapaz estaba gravemente ferido, e tras tentar reanimalo, finalmente faleceu no Hospital do Salnés. Ata a zona tamén se desprazaron efectivos dos Bombeiros do Salnés, Policía Local de Vilagarcía e unha ambulancia do 061. O outro mozo, o que conducía o vehículo, tiña 25 e era tamén veciño de Vilagarcía. Foi detido, como presunto autor dun delito de homicidio imprudente, e ó parecer, deu positivo en drogas, e carecía do permiso de conducir por perda de tódolos puntos. O lugar encheuse onte á noite de veciños desta zona que saíron asustados das súas casas. Esta mañá, aínda estaban conmocionados. Aínda así, os veciños deste cruce de Campanario, en Bamio, afirman que non lles sorprende que acontezan accidentes deste tipo, nesta zona de PO 549. Unha estrada na que os vehículos acadan unha gran velocidade . O falecido estaba casado e tiña unha filla pequena. O seu corpo será velado mañá pola tarde no Tanatorio de Arosa, e a continuación, celebraráse o funeral na Igrexa de San Pedro de Cornazo.
  • O PP esixe un novo céspede para o campo das Corticeiras de Caldas
    CALDAS> O PP provincial urxe ó concello de Caldas e á Deputación de Pontevedra que substitúan o céspede no campo de fútbol das Corticeiras, neste municipio. O terreo de xogo xa ten dez anos e presenta un estado de deterioro moi avanzado. O Partido Popular pediu esta mañá á Deputación de Pontevedra e ó concello de Caldas que se poñan dacordo, pero que algún dos dous asuma a substitución da herba sintética no campo de fútbol das Corticeiras. A voceira do grupo provincial, Nidia Arévalo, a deputada Luisa Piñeiro e o presidente local do partido, Jesús Goldar, reuníronse con varios membros da directovia do club de Caldas para escoitar as súas demandas. Pero tamén, para poñerse a disposición á hora de esixir un terreo de xogo de calidade. Jesús Goldar sinalou que o céspede deste campo de futbol non serve prácticamente para nada. Os populares recordaron que hai dez anos que a Deputación gobernada polo PP colocou herba artificial neste campo, precisamente a vida útil que se garante para un uso intensivo do terreo. como é o caso de Caldas. A Deputada Luisa Piñeiro sinalou que hai zonas do terreo de xogo afundidas. Desde o PP provincial sinalaron que reclamarán nunha nova ocasión compromisos do bipartito cos campos de futbol de toda a provincia incluido o de Caldas.
  • "Móvete por Mozambique", a carreira solidaria dos alumnos do San Fermín
    caldas> “Móvete por Mozambique”, é o lema da carreira solidaria na que esta mañá participaron os alumnos do Colexio San Fermín de Caldas. A Carballeira do municipio acolleu esta actividade a favor da ONG “Emiliani”. Eles, estudantes do Colexio San Fermín de Caldas, explicábano perfectamente xusto antes de comezar a carreira esta mañá. A Carballeira do concello acolleu esta evento solidario organizado pola Congregación dos Pais Somascos, propietaria deste centro educativo, co obxectivo de doar fondos á súa ONG “Emiliani” para o Fogar de Menores que teñen en Beira, Mozambique. Sobre concienciación coñece ben o Pai Carlos. Despois de ser profesor neste colexio de Caldas, leva xa oito anos dirixindo a casa fogar de Mozambique. E ós rapaces e rapazas de Caldas quedoulle ben claro o obxectivo. E para iso, e poder estar á altura na carreira, houbo que adestrar durante a semana, Os obxectivos deportivos, máis que cumpridos, pero para o máis importante, para o financiamento, tamén foron os cativos os encargados de conseguir ós patrocinadores, e atopáronos moi preto deles.
  • Arquivada definitivamente a causa xudicial contra o alcalde de Caldas
    CALDAS> A Audiencia Provincial de Pontevedra arquiva de maneira definitiva a causa xudicial contra o alcalde de Caldas de Reis. Este mércores achegámonos ata o concello para coñecer de primeira man como recibiu o rexedor esta noticia.
  • Investigan por homicidio imprudente ao condutor que atropelou a dous ciclistas en Poio
    POIO> O condutor octoxenario que o pasado domingo atropelaba a dous ciclistas en Poio, causando a morte dun deles, será investigado como suposto autor dun delito de homicidio imprudente. Como primeira medida, ten retirado o seu permiso de conducir. O importante tránsito de vehículos que rexistra esta estrada, e segundo coinciden políticos, deportistas e viandantes, a falta de medidas de seguridade, propician que esta vía se atope no centro da polémica cando sucede un feito como o de este domingo na parroquia de Samieira, cando un vehículo arrolou a dous ciclista causando a morte dun deles. O condutor de 82 anos está sendo investigado como autor dun presunto delito de homicidio imprudente, polo momento e de maneira preventiva, ten retirado o permiso de conducir. A Garda Civil ademais propuxo unha revisión extraordinaria para a realización dun exame psicotécnico. Uns controis cos que se pretende valorar si o condutor pode continuar conducindo vehículos despois de verse implicados nun accidente. Segundo datos facilitados pola Garda Civil, na provincia propuxéronse recoñecementos deste tipo a 10 condutores no 2014, 18 en 2015 e a 29 no primeiro semestre de 2016.
  • Feridas leves as dúas ocupantes dun turismo accidentado en Salmón
    RIBEIRA> Dúas mulleres resultaron feridas esta mañá nun accidente rexistrado na estrada provincial AC-550, á altura de Salmón, na parroquia ribeirense de Oleiros. O suceso producíase ó redor das once e media. Por causas polo de agora descoñecidas, o turismo no que viaxaban, un Renault Megane, acabou saíndose da estrada e volcado. Un grupo de veciños da zona foron os primeiros en socorrer ás vítimas. Posteriormente desprazáronse ata o lugar diversos efectivos de emerxencias como o grupo municipal e os bombeiros do Parque de Ribeira, así como unha dotación de tráfico que se encargou da regulación do tráfico mentres durou a intervención. Unha ambulancia encargouse de trasladar ás dúas mulleres ata o hospital da Barbanza, aínda que o seu estado non era grave.
HomeSalnés - CaldasCatro feridos tras precipitarse por un terraplén Top of Page

Síguenos en facebook