• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Apple pon como exemplo mundial a unha empresa de O Grove

Xan 26 Escrito por 
O Grove > A empresa de Cupertino, abriu unha área de libros de texto, iBooksTextbooks, unha área dentro da súa tenda de libros que ata agora só funciona no Reino Unido , EEUU, Canadá e Australia. España é hoxe un dos 51 países que poden acceder a este contido.
Nesa biblioteca virtual, xunto as editoriai de corte académico Oxford e Cambridge, ou a española Santillana, posiciónase a empresa pontevedresa Imaxina, unha editorial de O Grove. Na roda de prensa de Apple destaca a "frescura" das suxerencias desta pequena editora cun libro de propostas para comprender mellor os sentidos e outro dedicado ás orixes da Terra, con versións en español e inglés. Los sentidos https://itunes.apple.com/es/book/los-sentidos/id771712766?l=en&mt=13 Historia natural: Orígenes https://itunes.apple.com/es/book/historia-natural-origenes/id776197530?l=en&mt=13 Eddy Cue, vicepresidente senior de Software y Servicios de Internet de Apple, presumiu dos 30 años de experiencia da súa empresa no mundo educativo. E que, a día de hoxe, a aposta da compañía da manzana é o iPad, a tableta, xunto co software, e é neste punto onde aparece a compañía de O Grove, un perfecto aliado para competir con garantías no suculento negocio da educación. "Creemos que recursos como os libros de texto de iBooks supoñen un cambio radical na forma de aprender porque fan que interveñan as diferentes habilidades de cada alumno", dixo Miguel Domínguez, director de Marketing de Imaxina Novas Tecnoloxias.
Etiquetado como Salnés    O Grove    novas tecnoloxias   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Domingo, 26 Xaneiro 2014 16:36

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Vilagarcía móllase un ano máis por San Roque
    VILAGARCÍA> A Festa da Auga de Vilagarcía non defraudou. Un ano máis, milleiros de persoas amosaron a súa devoción por San Roque e, como non, pola Festa. As rúas cualificadas como zona húmida da vila ferveron durante toda a mañá de veciños e visitantes, que non quixeron perder unha das citas máis importantes do calendario festeiro nacional. O sol brilou en Vilagarcía, pero hoxe puido ser un dos días do ano nos que caeron máis litros de auga por metro cadrado. Milleiros de persoas saíron ás rúas da cidade para reclamar a súa particular chuvia. Hoxe a vila estivo completamente paralizada, pero para moitos a festa xa arrincou onte pola noite, aproveitando a véspera do día grande de San Roque. Xa no mediodía a comitiva chegou a San Roque e, trala intervención do pregoeiro, desatouse o verdadeiro chaparrón, coa auga caendo tanto dende os balcóns como do propio chan. Un ano máis a Festa da Auga demostrou que é unha das raíñas do verán arousán. Mentres uns estababan de festa, o servizo de Protección Civil de Vilagarcía traballou arreo para garantir a seguridade dos asistentes. O operativo especial comezou onte ás 10 da noite e prolongouse ata as 2 do mediodía de hoxe. Estivo composto por 20 operarios do servizo, dúas ambulancias e seis vehículos patrulla. En total, as ambulancias realizaron 40 intervencións, case todos na zona TIR e portuaria e principalmente a varóns de entre 20 e 30 anos. Destes servizos, destacan 5 intoxicacións etílicas de menores de idade, entre eles un de 14 anos, e unha agresión cun obxecto punzante. Tamén tiveron que intervir no momento de comezar a botar a auga despois de que un mozo perdera o coñecemento e convulsionara durante varios minutos. Tivo que ser atendido e foi trasladado ata o Hospital do Salnés. Ademais, foi necesaria a intervención de Protección Civil nun accidente de tráfico na suba para Cornazo.
  • A Illa exalta os tesouros gastronómicos da Ría de Arousa
    Continúa na Illa de Arousa a Festas Gastronómica dos produtos do Mar que se celebra desde o pasado venres e ata o próximo día 20. Esta mañá, coincidindo coa ponte festiva, a asistencia todo un éxito. Polbo, navallas, nécoras, camaróns ou mexillóns son só algúns dos tesouros gastronómicos que se puideron degustar. Un menú moi amplo… Un entorno envidiable. E Prezos asequibles… A Festa gastronómica dos Produtos do Mar, organizada polo Club Céltiga, está a celebrar a súa edición número catorce cunha gran afluencia. O do Cantiño, na Illa de Arousa, converteuse desde o pasado venres no comedor máis visitado da comarca. Milleiros de persoas achéganse aquí para degusta e algúns, descubrir, a calidade dos produtos do noso mar. Esta mañá, plena ponte festiva, o panorama non ía ser menos. A previsión dos organizadores, dos 30.000 visitantes en total, quédase curta . Os días festivos axudan, pero o verdadeiro motivo do éxito desta festa, son eles e elas. Os tesouros que acolle a nosa ría de Arousa. Quen estea salivando nestes momentos, está a tempo de degustar os produtos tamén mañá, día festivo achegándose ó paseo do Cantiño na Illa de Arousa. Ou senón, a festa volve abrir a próxima fin de semana, sábado e domingo, cando se poña o punto e final a esta cita gastronómica.
  • Os visitantes de Area da Secada mirarán 'Alén Mar'
    A ILLA> Area da Secada ábrese á arte. O pinar do areal de A Illa de Arousa acollerá o domingo unha exposición efémera, que mesturará fotografía e obras pictóricas coa paisaxe. Baixo o título "Alén Mar", reunirá obras da pintora Dores D'allegro e do grupo de fotógrafos "A Retrateira". Este domingo, a arte será parte da paisaxe de Area da Secada, en A Illa de Arousa. O seu pinar acollerá a mostra "Alén Mar, exposición efémera". A exposición desenvolverase entre as 10 da mañá e as dez da noite, e estará composta por oito fotografías do grupo de fotógrafos "A Retrateira" e por quince obras pictóricas da pintora Dores D'allegro. Dende o primeiro momento, o concello amosou plena disposición a acoller esta exposición, destacando a importancia de que escollan A Illa como escenario. Ademais da exposición haberá varias sorpresas. Incluso está previsto que a pintora Dores D'allegro pinte un cadro en directo.
  • A xunta de persoal busca o apoio dos alcaldes na defensa do Hospital do Salnés
    VILAGARCÍA> A xunta de persoal do Hospital do Salnés busca o apoio dos concellos para defender a área sanitaria. Esta mañá, mantiveron un encontro cos representantes dos concellos de Vilagarcía, Cambados, A Illa e Ribadumia, para trazar unha fronte común contra o anteproxecto de lei sa Xunta. Consideran que dá un paso máis na privatización da sanidade pública, polo que responderán coa mobilización social. A xunta de persoal do Hospital do Salnés buscou alianza cos alcaldes da área sanitaria para defender o centro do anteproxecto de lei que quere levar adiante a Xunta. Unha proposta que, aseguran, é un paso máis na privatización da sanidade pública. A súa postura foi defendida tamén polos alcaldes. Ao encontro acudiron os rexedores de Vilagarcía, Cambados e A Illa de Arousa, ademais dunha edil do concello de Ribadumia. Catoira non puido asistir por problemas de axenda, o mesmo motivo co que desculpou a súa ausencia o alcalde de Vilanova. Un dos primeiros pasos, será elaborar unha moción conxunta para levar aos plenos de todos os concellos que forman parte da área sanitaria de O Salnés. Tamén apostan pola mobilización social. De feito, a xunta de persoal pon a disposición dos que o desexen un texto tipo para presentar suxestións. O vindeiro xoves a xunta de persoal manterá un encontro con concelleiros doutros grupos políticos e cos sindicatos. Tamén buscarán unha folla de ruta común coas áreas sanitarias de Monforte, Burela e O Barco, as outras afectadas polo anteproxecto.
  • O jazz resoará na Armenteira esta fin de semana
    MEIS> As notas do mellor jazz volverán resoar na Armenteira. A praza do mosteiro acollerá os días 12, 13 e 14 de agosto a segunda edición do Festival Internacional de Jazz. Unha aposta que o ano pasado foi todo un éxito, e que este repite engadindo un día máis á programación. Esta fin de semana a praza da Armenteira soará a jazz. O recinto acollerá a segunda edición do Festival Internacional dedicado a esta música que, con só un ano de vida, xa incorpora novidades na súa programación. O saxofonista portugés Zé Pedro encargarase da apertura o sábado, mentres que o domingo o escenario será de Wilfried Wilde, guitarrista francés afincado en Galicia. O luns despedirá a cita Naíma Acuña Trío. Este ano o concello de Meis mantén o seu apoio á organización. Un respaldo que, aseguraron, continuará en vindeiras edicións. Todos os concertos serán ás 10 da noite. As jam sessions arrincarán ás 11 e media.
  • Ribadumia volve reivindicar a importancia do pan
    RIBADUMIA> A Festa do Pan volve a Ribadumia. Este sábado a Carballeira acollerá a décimo sexta edición, que terá como protagonista indiscutible este alimento. Obradoiros para elaboralo, cata, música e baile, son algúns dos elementos que non faltarán nesta proposta festiva. Un ano máis, e xa van 16, a Carballeira de Ribadumia acollerá este sábado a súa Festa do Pan. Unha celebración dedicada a exaltar a tradición deste produto. A partires das 5 da tarde, a organización comezará a recollida de postres e empanadas para o concurso de produtos caseiros que se fará ás 8 e media. Ás sete da tarde celebrarase un obradoiro para que os máis pequenos coñezan o proceso de elaboración do pan. Despois, ás 9, representarase a moenda nos Muíños de Batán. A festa volverá despois á Carballeira, coa cea de confraternidade a prezos populares. A celebración estará amenizada polo Dúo Marema.
HomeSalnés - CaldasApple pon como exemplo mundial a unha empresa de O Grove Top of Page

Síguenos en facebook