• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O Río do Con sube significativamente o seu nivel

Feb 04 Escrito por 
Vilagarcía>  Debido o paso da Cicloxenese Explosiva "Petra", que conlevou moito vento e choivas abundantes, o Río Con subeu siginificativamente o seu nivel chegando os 50 cm das pontes que o cruzan na zona de Rodrigo de Mendoza e frente a Fexdega.
  As augas baixaban turbias e a gran velocidade o que fixo que os patos e ocas que o habitan buscaran refuxio nas aceras e parques da zona, como se pod ver nas imaxes.  Algúns veciños chegaron a temer que se produciran inundacións como as sufridas en 2006.  Afortunadamente en torno as 18 h. deixou de chover o que fixo que o nivel baixara un pouco antes da marea chea.  
   
Etiquetado como Ríos    Temporal    Vilagarcía   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Martes, 04 Febreiro 2014 22:28

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Ravella conseguirá librarse do plan de axuste a comezos de 2018
    VILAGARCÍA> Vilagarcía poderá liberarse tres anos antes do previsto Plan de Axuste que fora aprobado polo anterior grupo de goberno. A medida permitirá que o concello evite unha suba anual do 2 por cento dos impostos ó cidadáns. O prazo do plan de axuste aprobado polo anterior grupo de goberno en Vilagarcía, liderado polo popular Tomás Fole, expira no ano 2020. Aínda así, desde Ravella aseguran que o concello poderá liberarse da débeda tres anos antes do previsto, neste mesmo ano. Pero en que consistía este plan de axuste? Pero o que lles interesa ós cidadáns é saber se esta liberación do plan terá unha consecuencia positiva para o peto dos vilagarciáns, e efectivamente é así. A débeda que mantiña o concello vilagarciá cos seus provedores en 2012 ascendía a 4,4 millóns de euros, a maioría pequenas e medianas empresas. E agora o goberno liderado polo socialista Alberto Varela, asegura que a correcta xestión das finanzas municipais permitiu que se xenerase un superavit que se destinará a amortizar o que queda pendente do crédito do 2012, que ascendía a 1,5 millóns de euros. Esta operación precisa do visto bo do pleno que se celebrará a próxima semana.
  • Os emigrantes retornados dín que a sentenza é unha vitoria, pero a guerra non está gañada
    VILAGARCÍA> A plataforma de Emigrantes Retornados do Salnés concentrouse esta mañá ás portas da sede de Facenda en Vilagarcía, para anunciar que gañaron unha batalla fronte ó gobernó español, a través dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pero que aínda queda moita guerra para conseguir un trato xusto e igualitario para estes xubilados. Non é a primeira vitoria legal do colectivo, xa que en decembro do ano pasado explicaron que o Tribunial Superior de Xustiza de Galicia xa fallara que o Estado Español non pode cobrar polas pensións a quen traballase en Alemaña durante o periodo de vixencia do acordó bilateral España-Alemaña, sempre e cando xa paguen impostos no país xermano. Xa entón a Plataforma de Emigrantes Retornados do Salnés, anunciaba que interporía máis demandas similares no Alto Tribunal nos casos de que os afectados xa tributasen no seu país de orixen, aínda que éste non fose Alemaña. Nesta ocasión, a sentenza é favorable para Adelina. Unha vitoria que supón unha batalla legal gañada para Adelin, pero a plataforma esixe que esta situación sexa igual para tódolos emigrantes retornados sen ter que denuncar de xeito individual. Posto que ó ser sentenza do Tribunal galego non senta xurisprudencia, e por iso. continuarán coas súas peticións. O voceiro da Plataforma explicou esta mañá que son xa ducias as sentenzas que lles dan a razón, e non entenden a qué esperan para modificar a Lei 35/2006. Desde a Plataforma do Salnés aproveitaron tamén para anunciar que o próximo 13 de outubro haberá unha manifestación nacional por este motivo, que terá lugar na localidade ourensá de O Carballiño.
  • Caixabank colabora na loita contra a violencia de xénero con Amigos de Galicia
    VILAGARCÍA> Asesoramento xurídico, social e laboral a mulleres vítimas de violencia de xénero. É o obxectivo do programa Galicia en Igualdade, da Fundación Amigos de Galicia, que vén de recibir unha aportación de 24.000 euros por parte da Obra Social de La Caixa. 214 mulleres de toda Galicia, están a recibir, xa desde o ano 2010, apoio xurídico, social e laboral, a través do proxecto Galicia en Igualdade, da Fundación Amigos de Galicia, con sede en Vilagarcía. O director da Área de Negocio de Pontevedra reiterou o compromiso da Obra sOCial de La Caixa con este tipo de causas. Nesta ocasión a Obra Social de la Caixa aportou 24.000 euros a esta programa de Galicia en Igualdade.
  • Cinco claves para o éxito financeiro en Vilagarcía o vindeiro xoves
    VILAGARCÍA> Se queren aforrar en non saben como facelo, este xoves celebrarase unha charla coloquio baixo o título "cinco claves para o éxito" no Auditorio de Vilagarcía.
  • Vilagarcía estende a humanización das rúas ás parroquias
    VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía continúa coa súa aposta pola humanización das rúas do municipio. Se o plan está xa implantado en varias rúas do centro da cidade, unha vez que remate a peonalización da zona das Prazas de Galicia e a Independencia, a intención de Ravella é trasladar este modelo ás parroquias de Carril e Vilaxoán. É sen dúbida un dos grandes obxectivos do goberno que dirixe Alberto Varela en Vilagarcía, converter a cidade nun espazo para as persoas, e non para os vehículos. Un modelo humanizado de cidade, que terá como próximo paso a contorna das prazas de Galicia e a Independencia, pero que tamén, desde Ravella teñen pensado ampliar ás parroquias do concello, en concreto a Carril e Vilaxoán. Paola María asegura que están a analizar as dúas intervencións economicamente, para tomar a mellor decisión. Actuacións, tanto as de Carril como as de Vilaxoán, que realizarán con fondos Feder pero non descartan outro tipo de axudas. A humanización non implica sempre a peonalización total das rúas, senón que implica tamén o adecentamento das mesmas. Nestes momentos o asunto está en mans do arquitecto municipal que analiza as actuacións a realizar, e que previsiblemente comezarán en Carril pola rúa Aduana, paralela á xa peonalizada rúa do Carme.
  • "Compartir lévache mais lonxe "
    VILAGARCÍA> “Compartir lévache máis lonxe”, unha frase que podería aplicarse a moitos ámbitos da vida, pero neste caso é o lema da Semana Europea da Mobilidade deste ano. O concello de Vilagarcía súmase á iniciativa cun programa cheo de actividades, do 16 ó 22 de setembro. Ademais, desde Ravella, anunciaron esta mañá importantes medidas para continuar coa súa aposta por unha cidade para as persoas. Circuitos en bici e a pe, obradoiros de arranxo de bicicletas, charlas de educación viaria, e un paseo nocturno, son as actividades que organiza o concello de Vilagarcía pola Semana Europea da Mobilidade, que se celebra do 16 ó 22 de setembro, e que esta mañá se presentaron no consistorio. Actividades que organiza o concello coa colaboración da Policía Local e tamén de Arousa en Bici. Unha conciencia coa mobilidade e a accesibilidade pola que o goberno local aposta desde que comezou o seu mandato. A concelleira de urbanismo anunciou tamén outras medidas que Ravella levará a cabo proximamente para seguir mellorando neste sentido. Como o pasar de 5 a dez estacións de Vai Bike antes de que remate o ano, a mellora das marquesiñas de autobús, continuar co plan de peonalización, cuxo próximo tramo é a praza de Galicia, levar a Zona 30, xa instalada no centro, a Vilaxoán e Carril, ampliar o carril bici do casco urbano, ou acondicionar o xa existente no paseo marítimo.
HomeSalnés - CaldasO Río do Con sube significativamente o seu nivel Top of Page

Síguenos en facebook