• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Algunhas rúas de Vilagarcía inúndanse de novo

Feb 04 Escrito por 
Unha vez máis as fortes choivas caidas na tarde de hoxe provocaron inundacións en interseccións, rúas e algúns comercios da capital Arousán.  A Avenida da Marina, O Ramal, as rúas Padre Feijo, Edelmiro Trillo e Conde Vallellano entre outras sufriron anegamentos que mesmo afectaron a algúns comercios asentados nestas ruas.
Membros dos Bombeiros do Salnés, Protección Civil e Policía Local de Vilagarcía afanáronse esta tarde en cortar o tráfico as rúas inundadas e atender as distintas incidencias provocadas polas fortes chuvias que nos trouxo a cicloxenese explosiva "Petra".  
 
Etiquetado como Temporal    inundacións    Vilagarcía   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Martes, 04 Febreiro 2014 23:03

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Devoción e animación para as Festas de Santa Rita 2017
    VILAGARCÍA> Esta fin de semana Vilagarcía está de festa. A vila prepárase para celebrar as Festas de Santa Rita, as máis populares do municipio con permiso das de San Roque do mes de agosto. Música, deporte, cultura e moitas máis actividades dan forma ao programa, que ten no concerto da cantante Sés o sábado día 20 o seu prato forte. As Festas de Santa Rita animarán esta fin de semana as rúas de Vilagarcía. Unha romaría popular e urbana que, como recolle o programa, mestura gastronomía, devoción, tradición e animación. Xa o vernes a animación comezará coa Feira Celta, que durante toda a fin de semana encherá o parque da Xunqueira de obradoiros, música e maxia. Precisamente a música será unha das grandes protagonistas. As orquestras Aché, Capitol e Cinema animarán as noites do vernes, domingo e luns. O venres tamén actuarán Pacho Flores e Jesús "Pingüino" González, mentres que o sábado será a quenda do prato forte do programa: o concerto de Sés na Xunqueira. Repite no programa o segundo Encontro Folclórico Santa Rita, da man de O Souto de Rubiáns. Tampouco faltará o deporte: o sábado co Torneo Santa Rita de Fútbol Infantil o décimo quinto campionato de semi rápidas de xadrez Santa Rita e o Trofeo Ponte a Patinar e o domingo coa Macroexhibición de Taekwondo, organizada polo Club Olimpic. O luns ás 8 da tarde sairá a procesión dende o Convento de Vista Alegre. Ademais, haberá todos os días pasarrúas, actividades para os máis cativos e atraccións de feira. Todo para celebrar unhas festas que este ano chegan cun lema contundente: Ti pide, que a quitar... sempre hai tempo!
  • Centos de Vilagarciáns buscan "Vivir sen permiso"
    “Vivir sen permiso”, é o suxerente título da serie de televisión que pronto comezará a rodarse na comarca do Salnés. Se a semana pasada asistiamos ó casting de figuración de “Fariña”, outra serie que terá a Arousa como escenario, hoxe fixemos o propio coa proba de Vivir sen Permiso, que esta mañá se celebrou no Auditorio de Vilagarcía. Cada un tiña un motivo diferente. Pero esta mañá, todos aqueles que acudiron ó Auditorio de Vilagarcía, tiñan algo en común, a ilusión de “Vivir sen permiso” a lo menos durante seis meses. E é que este é o título da nova serie de televisión que a produtora Alea , de Mediaset, rodará desde xuño e ata decembro na comarca do Salnés. O escritor Manolo Rivas é o creador da idea orixinal dunha saga familiar, que terá como principais protagonistas a José Coronado e Alex Gonzalez, que volven unirse tralo éxito da serie El Príncipe. Eles e o resto do equipo vivirán en Vilagarcía e arredores, durante a rodaxe. total ana Pero antes, hai que ter a punto ó equipo de figuración, e algún deles, seguro que estará entre os elixidos. Se hai quen estea interesados en participar nesta ficción televisiva que se rodará a partir de xuño, o próximo luns día 22, no Auditorio da Illa de Arousa, terá lugar outro casting en horario de mañá e tarde .
  • Alfonso González xa é o novo líder do PP en Vilagarcía
    VILAGARCÍA> O Partido Popular de Vilagarcía xa ten novo presidente. Alfonso González Gallego foi elixido onte por aclamación nun acto no que estivo arroupado por varias autoridades do PP. O novo responsable dos populares vilagarciáns comprometeuse a traballar duro para recuperar a alcaldía nas vindeiras eleccións. Dende onte e por aclamación, Alfonso González Gallego está á fronte do Partido Popular de Vilagarcía. Recolle así a testemuña de Tomás Fole, co obxectivo de empezar unha nova etapa e facer equipo. A convocatoria dun congreso local das novas xeracións para destacar o papel dos máis novos, o nomeamento dunha xunta directiva local que se reúna cos grupos parroquiais, a posta en marcha dun buzón de suxerencias e a creación de varios grupos de traballo, serán algunhas das medidas que pretende levar a cabo a curto prazo. Para elo, González Gallego rodéase dun equipo que definiu como novo, renovado e comprometido, convencido de que acadarán os seus obxectivos. Alfonso González non estivo só na súa elección. No Salón García estivo arroupado por cargos do Partido Popular. Tamén polo presidente saínte, Tomás Fole. Con esta renovación, para o Partido Popular comeza xa a carreira para recuperar a alcaldía no 2019.
  • Prisión sen fianza para un dos seis detidos nunha operación antidroga
    VILAGARCÍA> Prisión provisional comunicada e sen fianza para un dos detidos na operación antidroga que onte se despregou na comarca de O Salnés. Hoxe prestou declaración nos xulgados de Vilagarcía. Tamén o fixeron outros catro dos seis detidos, que o xuíz deixou en liberdade con comparecencias quincenais. No marco da operación realizáronse media ducia de rexistros en Cambados, Vilagarcía, Vilanova e Pontevedra, que se saldaron co achado de quilo e medio de cocaína e case 200 mil euros en efectivo.
  • Gallego entrega os avais para optar presidir o PP de Vilagarcía
    VILAGARCIA> Alfonso González Gallego entregou este venres os avais necesarios para poder presentarse o X Congreso Local do PP en Vilagarcía, que terá lugar este domingo.
  • Ravella remitirá toda a documentación do Pxom a vindeira semana
    VILAGARCÍA> O PXOM de Vilagarcía avanza a bo ritmo. Isto é o que manifestou o alcalde da vila Alberto Varela, despois de manter unha reunión cos grupos da oposición, na que se presentou o contido da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal. A este encontro entre goberno e oposición sumáronse membros do equipo redactor do planeamento urbanístico pertencentes a Etipsa e técnicos do concello.
HomeSalnés - CaldasAlgunhas rúas de Vilagarcía inúndanse de novo Top of Page

Síguenos en facebook