2015: ano histórico para a Ruta do Viño

    CAMBADOS> Boas novas para a Ruta do Viño Rías Baixas.

    Durante o 2015, a asociación acadou un novo récord de visitantes, incrementando a cifra en máis dun 14%. Segundo os datos recollidos pola Asociación Española de Cidades do Viño, a Ruta pasou dos máis de 77.500 visitantes de 2014 aos máis de 88.500 rexistrados o ano pasado. Estes datos, que achegaron 51 adegas e tres museos do viños, volven situar este itinerario enolóxico entre as dez primeiras Rutas do Viño de España con maior afluenza de público. Esta boa nova chega despois de que o Consello Regulador da DO Rías Baixas dera a coñecer outros datos positivos do 2015: o ano pasado calificaron máis de 20 millóns de litros de viño, o que supón un incremento do 5% respecto do exercicio anterior. Tamén destaca o peso da experotación, que medrou case un 8% en volume e representa máis do 28% das vendas. Actuacións que se reforzan coa presenza de Rías Baixas en feiras internacionais como a London Wine, á que asistiron máis de oitenta marcas da DO durante esta semana.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/06/juan_gil.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/06/juan_gil.mp4{/flowplayer}