• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 481

O Momo volve vestir de alcaldesa madrileña

Feb 22 Escrito por 
VILANOVA> O Entroido vilanovés parece ter certa querencia polas alcadesas madrileñas. E é que se hai uns anos o sonado personaxe do Momo estaba encarnado pola popular Ana Botella, este tocoulle a quenda a Manuela Carmena. Unha celebración que de novo logrou congregar na vila a milleiros de persoas e na que se tivo unha especial lembranza para Xaquín Charlín Chon, alma do Entroido de Cambados, colaborador do vilanovés e que falecía hai uns meses.  
  Aquel 'relaxing cup of café con leche' pronunciado pola popular Ana Botella na promoción da candidatura de Madrid ós Xogos Olímpicos de 2020 valéralle á entón alcaldesa da cidade para protagonizar, na figura do Momo, o Entroido vilanovés. Pois semella que neste municipio non perden ollada ó que pasa na capital española, porque este ano, de novo, quixeron sacar punta ás andanzas da súa alcaldesa. Pero desta volta, Manuela Carmena. A polémica cabalgata dos Reis, ou máis recentemente, a representación de monicreques que levou ó encarceramento de dous mozos por enaltecemento do terrorismo.   Logo de ter que aprazarse polo mal tempo, tanto o velorio coma o desfile do Momo non defradou e contáronse por centos as persoas que decidiron achegarse a Vilanova para vivir o seu Entroido. Uns días nos que ademais do festexo e a diversión, tamén houbo oco para a lembranza.  
Publicado en SALNÉS - CALDAS

HomeSalnés - CaldasO Momo volve vestir de alcaldesa madrileña Top of Page

Síguenos en facebook