09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 481

'A vida é máxica' con Amencer e Nydia

Feb 23 Escrito por 
VILAGARCÍA> Esta fin de semana Vilagarcía ofrece unha nova gala solidaria, neste caso a favor da Asociación Amencer Aspace e os usuarios do Centro Princesa Letizia. Serán dúas sesións: unha o sábado e outra o domingo, a partir das seis da tarde, nas que 180 cativos e adultos ofrecerán un espectáculo titulado 'A vida é maxia'.  
  Cento oitenta artistas amateurs subirán esta fin de semana ó escenario do Auditorio de Vilagarcía por unha boa causa: recadar fondos para o Centro Educativo e de Día Princesa Letizia. A institución presta servizo na cidade a persoas con parálise cerebral e outros trastornos neuro-motores. Este sábado e domingo as Asociacións Cultural Nydia e Amencer-Aspace colaborarán para dar vida á cuarta gala solidaria que realizan a prol do centro. O lema: 'A vida é maxia'.   Os usuarios do centro de día serán os encargados de abrir a primeira sesión, a do sábado, cun pequeno número musical. O domingo os anfitrións serán os cativos do centro educativo. Contarán coa actuación estelar do personaxe infantil Peppa Pig.   Para asistir a calquera das dúas sesións será preciso adquirir entrada. Terá un custe de tres euros e está á venda mañá e o xoves nas instalacións da asociación Nydia, e o venres sábado e domingo no Auditorio. Nos dous casos en horario de mañá e tarde. Ademais haberá unha 'fila cero', para aquela xente que non poida asistir ás galas pero desexe colaborar coa causa.  
 
Publicado en SALNÉS - CALDAS

HomeSalnés - Caldas'A vida é máxica' con Amencer e Nydia Top of Page

Síguenos en facebook