• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Rouban nunha casa de O Piñeiro a plena luz do día

Abr 05 Escrito por 
 VILAGARCÍA> Os ladróns xa non esperan a que se faga de noite para roubar… e si non que llo digan a unha veciña de O Piñeiro, entre Sobradelo e Fontecarmoa, que este domingo tivo que ver como dous descoñecidos entraban a roubar na súa vivenda, mentres ela estaba no seu interior…
  Ninguén por aquí, e ninguén por alá… isto debeu de ser o que pensaron os ladróns que no medio día do domingo entraron a roubar nunha casa de O Piñeiro, en Sobradelo. Un delito que se saldou coa posterior detención dos dous individuos que o protagonizaron, despois de que a muller que vivía na casa os escoitase, e posteriormente chamase a Policía.  A lo menos un dos detidos contaba con antecedentes policiais por roubo con violencia en vivendas particulares. Ambos foron postos a disposición xudicial.  Este roubo únese a outros que se deron na zona nos últimos meses. Un repunte da delincuencia en Vilagarcía, que moitos creen que ten que ver coa falta de oportunidades.   A  pesar dos sucesos que se deron hai unhas semanas en Rubiáns, e agora este, nunha zona achegada a Vilagarcía, unha vila tranquila, o temor é crecente. A parte máis positiva de este suceso, é que polo de agora non hai que lamentar feridos nestas accións, e que a Policía Nacional está a traballar a reo para evitar este tipo de sucesos. 
 
Etiquetado como Policía Nacional    Roubos    Vilagarcía   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Martes, 05 Abril 2016 15:16

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Tomás Fole abandona a política municipal para dedicarse de pleno a nacional
    VILAGARCIA> Tomás Fole presentou a súa renuncia como portavoz municipal e concelleiro do Partido Popular en Vilagarcía. O aínda edil ata finais de mes, pon fin a case 14 anos formando parte da corporación de Vilagarcía.
  • Villares respalda ao persoal do Hospital fronte á 'xordeira' da Xunta
    VILAGARCÍA> A Xunta de persoal do Hospital do Salnés mantén a súa loita contra a reforma da Lei de Saúde, e os representantes políticos continúan mantendo encontros con eles. Hoxe foi o voceiro de En Marea, Luis Villares, o que se desprazou ata o centro comarcal. Dende aí, revalidou o compromiso da súa formación para que a Xunta abandone a reforma. A Xunta de Persoal do Hospital do Salnés continúa a recibir apoios na súa loita contra a reforma da Lei de Saúde que prepara a Xunta de Galicia. Esta mañá, o voceiro de En Marea, Luis Villares, trasladou o seu apoio aos representantes dos traballadores. Aínda que polo de momento non hai informacións que indiquen un cambio de postura da Consellería de Sanidade, Villares destacou a importancia da mobilización social para frear o cambio. Dende a Xunta de Persoal agradeceron o interese da formación. Tamén explicaron que a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública reanudará as súas accións para informar á cidadanía das consecuencias que, aseguran, traerá este cambio. O colectivo comezará as charlas informativas no concello de A Illa de Arousa o vindeiro mércores 18 de outubro. Será ás 8 da tarde no salón de plenos do concello.
  • Máis de 30 desempregados formaranse nos novos obradoiros de Vilagarcía
    VILAGARCÍA> Trinta e cinco desempregados de Vilagarcía arrincaron esta mañá a súa formación. Xunta e concello inauguraron dous dos novos obradoiros de emprego que lle foron concedidos á localidade. Os dous programas contan cun orzamento de 420 mil euros. Concello de Vilagarcía e Xunta de Galicia formarán a 35 desempregados do municipio para mellorar as súas posibilidades de atopar un posto de traballo. Esta mañá arrincaron os novos obradoiros de emprego. O primeiro dos obradoiros favorecerá a 20 desempregados, que se formarán en Fontanería e Carpintería. Durará 9 meses, e contará cun investimento de case 280.000 euros. Durante a súa formación, os alumnos traballarán en diferentes puntos de Vilagarcía, para revalorizar espazos públicos. Operacións auxiliares de actividades e funcionamento de instalacións deportivas, e socorrismo en espazos acuáticos, serán as materias nas que se van a formar 15 alumnos menores de 30 anos no marco do obradoiro Labora Xove 2017. Neste caso, conta cun investimento de 140.000 euros.
  • O descenso da criminalidade en Pontevedra centra a celebración dos Anxos Custodios
    PONTEVEDRA> A provincia de Pontevedra veu reducido o seu índice de criminalidade nun 1 por cento no que levamos de ano, un dato que destaco ou Comisario Provincial da Policía Nacional esta mañá, durante a celebración dos Anxos Custodios, patróns do corpo. Un acto, celebrado en Pontevedra, que reuniu a destacadas autoridades civís, militares e policiais da provincia, así como a ducias de axentes e familiares. Pontevedra celebrou esta mañá a festividade dos Anxos Custodios, patróns da Policía Nacional. Como é habitual o acto, ó que asistiron destacadas autoridades civís, militares e policiais, serve para recoñecer publicamente a labor desenvolvida polos seus axentes e entregar as condecoracións ós efectivos homenaxeados neste ano. Pero sen dúbida, o acto deste ano estivo marcado polas boas novas en materia de seguridade na provincia, tal e como destacaron, tanto o Comisario Provincial como a Subdelegada do Goberno. Con respecto ó ano pasado os índices de criminalidade baixaron un 3,5 por cento, e un 1 por cento, no que levamos de ano. A subdelegada, Ana Ortiz, lembrou tamén os principais retos ós que se enfronta a policía nestes momentos, que son o nivel de alerta 4 por terrorismo xihadista e os ciberdelitos. Durante o acto de celebración dos Anxos Custodios, condecorouse, ademais de a axentes polo seu mérito policial, tamén a particulares que realizaron servizos de colaboración axudando a outros cidadáns en apuros. Ó final do acto houbo tamén un recordo e unha ofrenda floral para lembrar ós compañeiros caídos en servizo.
  • O novo xerente do Hospital do Salnés afirma que potenciará e consolidará o centro
    VILAGARCÍA> Esta mañá presentouse ante a prensa, e tamén ante a Xunta de Persoal, o novo Xerente Executivo do Hospital do Salnés. A presentación oficial faise xusto un día antes de que se celebre a manifestación comarcal contra a nova Lei de Saúde pública, que converte este centro hospitalario nun distrito pertencente á área de Pontevedra. Desde o Sergas aseguraron esta mañá, que a Lei beneficia tanto a pacientes como a profesionais. O doutor Antonio Vicente Martínez Calvo, con experiencia en xestión no Sergas tanto na Coruña como en Cee, chega á xerencia do Hospital comarcal do Salnés nun momento convulso. Esta mañá foi a súa presentación oficial, tanto ante a prensa, como ante a xunta de persoal, coa que se reuniu á unha do mediodía, xusto un día antes da manifestación convocada en Vilagarcía contra a nova Lei de Saúde Pública. Martínez Calvo asegura que chega coa intención de potenciar o Salnés e cunha actitude de colaboración total tanto con pacientes como cos profesionais do centro. O flamente xerente estivo acompañado na súa presentación polo Xerente da Área Sanitaria do Salnés, Xosé Ramón Gómez destacou ante a actual crise pola reforma da Lei de Saúde, que convertirá o Salnés nun distrito da área de Pontevedra, que moitas das críticas ó anteproxecto non están contrastadas nin argumentadas. E afirma que a nova lei integra os recursos dos dous centros hospitalarios. E subliñou tamén que este novo modelo beneficiará tanto ós pacientes como ós profesionais dos centros. E no caso do persoal do Hospital, segundo o xerente, facilita o acompañamento do paciente indepentemente do centro no que teña que facer cada proba, garantindo a seguridade do mesmo. Os representantes do Sergas quixeron destacar tamén que a Xunta leva investidos 8 millóns de euros no Hospital do Salnés, algo que está lonxe do que algúns están a chamar o “desmantelamento” deste centro
  • Alcaldes do Salnés e López Font animan a asistir á manifestación pola saúde pública
    VILAGARCIA> O socialista Julio Torrado non foi o único que asistiu á concentración da Plataforma en Defensa da Saúde Pública do Salnés esta mañá ante o Hospital. O Deputado Provincial Carlos López Font, ou alcaldes dos concellos afectados pola reforma da Lei, estiveron tamén presentes, e aproveitaron para animar á asistencia á manifestación de mañá ás oito e media da tarde. Os alcaldes de Vilagarcía, Cambados e a Illa, representantes do grupo municipal do BNG, ou o deputado provincial Carlos López Font…foron algúns dos que apoiaron a concentración esta mañá da Plataforma pola Sanidade Pública do Salnés. Foi ás portas do hospital, pouco antes da presentación do novo xerente, e é a última antes da Manifestación que está convocada para mañá ás oito e media da tarde, con saíde desde a Casa do Mar de Vilagarcía. Para o alcalde da capital arousá esta unión é unha mostra de que a xente está en contra de que o Salnés se convirta nun ambulatorio grande. O Deputado provincial do PSOE, Carlos López Font, quixo advertir ás 75.000 persoas que dependen da área sanitaria do Salnés, do que segundo apuntaron, provocará a modificación da Lei de Saúde. Recorte, desmantelamento e privatización da sanidade, así definíu o deputado o que pretende o goberno de Núñez Feijoo. E asegurou que a plataforma comparecerá no pleno de mañá na Deputación. Estivo presente tamén o voceiro de Sanidade do PSdGa, partido que onte levou ó Parlamento, xunto con En Marea, unha moción contra a lei, que finalmente foi rexeitada. Tanto os representantes políticos, como desde a plataforma, animaron a todo o mundo a asistir mañá a partir das oito e media da tarde, na Avenida da Mariña de Vilagarcía, fronte á Casa do Mar, á manifestación en defensa da Sanidade Pública.
HomeSalnés - CaldasRouban nunha casa de O Piñeiro a plena luz do día Top of Page

Síguenos en facebook