21 detidos e 3.400 quilos incautados na Operación Albatros

     SALNÉS> É o balance que a espectacular redada despregada en varios puntos da provincia de Pontevedra. Entre os detidos, históricos narcos da comarca do Salnés.

    {flowplayer}images/salnes/OperacionAntidroga_310513.flv{/flowplayer} 

    21 detencións e máis de 3.400 quilos de cocaína aprehendidos. É o balance que ata o momento nos deixa a Operación Albatros, o nome que leva a espectacular redada despregada onte en varios puntos da provincia de Pontevedra. Entre os detidos, históricos narcos da comarca do Salnés.

    A operación Albatros arrancaba en altamar cando os GEO abordaban o pesqueiro Rippide que navegaba entre Venezuela e As Azores. Alí foron detidas cinco persoas. Os 16 restantes foron apresados en terra logo de realizar o grupo Greco Galicia da Policía Nacional varios rexistros en vivendas das provincias de Pontevedra e Ourense. Nos dez rexistros intervíronse dúas armas de fogo, outra de balíns e unha simulada, 5.000 euros, varios móviles, ordenadores e vehículos.

    Entre os detidos atópanse Marcos Vigo, coñecido polo secuestro e desaparición de Fernando Caldas e próximo ó clan dos Charlíns e José Luís Viñas Morgade, alias Manzanita, veciño de Cambados condenado no seu día pola Operación Nécora e que actualmente vivía en San Miguel de Deiro, en Vilanova.

    Esta mañá , Marcos Vigo foi trasladado ós calabozos dos xulgados de Vigo onde foi foi interrogado pola xuíza de instrucción do número 6. A maxistrada ten decretado o segredo de sumario. O resto de detidos mantéñense entre os calabozos da comisaría de Vigo e Pontevedra á espera de que presten declaración.

    Mentres, o barco trasládase a Vigo, recolcado polo buque Petrel, onde atracará nuns días cos 3.400 quilos de cocaína incautados e os cinco tripulantes detidos: o capitán, de nacionalidade coreana, e o resto de orixe indonesia.. O operativo fi dirixido pola UDYCO e o Greco Galicia.

    Redacción Salnés