• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Vilagarcía estrea novo Comisario de Policía

Mai 12 Escrito por 
VILAGARCÍA> Vilagarcía ten novo xefe da Comisaría Local, trátase do Inspector Xefe José Emilio Rodríguez Ramos. A toma de posesión foi presidida polo Subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello. 
  Licenciado en Xeografía e Historia e en Ciencias Políticas, e con unha dilatada experiencia en importantes operacións policiais como  a Operación Greco... ese é o perfil do novo xefe da Comisaría de Vilagarcía, José Emilio Rodríguez.  Importantes cargos policiais da provincia e da vila quixeron estar presentes na toma de posesión do novo membro da comisaría. Ademais tamén estiveron presentes a presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, o alcalde da vila, o Xefe Superior de Policía de Galicia, Manuel Vázquez, e tamén o Subdelegado do Goberno na provincia, Antonio Coello, quen non desaproveitou a ocasión para recordar algunhas das operacións máis importantes nas que participou José Emilio Rodríguez.  A nova incorporación da Policía Nacional en Vilagarcía coñece de primeira man os problemas que está a sufrir a comisaría en canto ao déficit de persoal. O xa inspector xefe de Vilagarcía, explicou aos medios, que traballou moito na zona en temas de narcotráfico pero que é un asunto distintos ao que se vai a dedicar a partir de agora, como comisario... máis centrado no pequeno tráfico, roubo en con forza no interior de vivendas e vehículos.
 
Etiquetado como Policía Nacional   
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Modificado por última vez no Xoves, 12 Mai 2016 19:07

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O descenso da criminalidade en Pontevedra centra a celebración dos Anxos Custodios
    PONTEVEDRA> A provincia de Pontevedra veu reducido o seu índice de criminalidade nun 1 por cento no que levamos de ano, un dato que destaco ou Comisario Provincial da Policía Nacional esta mañá, durante a celebración dos Anxos Custodios, patróns do corpo. Un acto, celebrado en Pontevedra, que reuniu a destacadas autoridades civís, militares e policiais da provincia, así como a ducias de axentes e familiares. Pontevedra celebrou esta mañá a festividade dos Anxos Custodios, patróns da Policía Nacional. Como é habitual o acto, ó que asistiron destacadas autoridades civís, militares e policiais, serve para recoñecer publicamente a labor desenvolvida polos seus axentes e entregar as condecoracións ós efectivos homenaxeados neste ano. Pero sen dúbida, o acto deste ano estivo marcado polas boas novas en materia de seguridade na provincia, tal e como destacaron, tanto o Comisario Provincial como a Subdelegada do Goberno. Con respecto ó ano pasado os índices de criminalidade baixaron un 3,5 por cento, e un 1 por cento, no que levamos de ano. A subdelegada, Ana Ortiz, lembrou tamén os principais retos ós que se enfronta a policía nestes momentos, que son o nivel de alerta 4 por terrorismo xihadista e os ciberdelitos. Durante o acto de celebración dos Anxos Custodios, condecorouse, ademais de a axentes polo seu mérito policial, tamén a particulares que realizaron servizos de colaboración axudando a outros cidadáns en apuros. Ó final do acto houbo tamén un recordo e unha ofrenda floral para lembrar ós compañeiros caídos en servizo.
  • A Garda Civil e a Policía Nacional valoran positivamente o traballo conxunto na operación anti droga do Salnés
    Pontevedra> Seis detidos, quilo e medio de cocaína, 10 quilos de sustancias de corte, 5 quilos de marihuana, 210 mil euros en metálico, dous coches e dúas motos. Este é o groso do material incautado pola Policía Nacional e a Garda Civil na operación anti droga no Salnés. Os dous corpos de seguridade amosáronse esta mañá satisfeitos co resultado desta investigación que comezou a finais do 2016.
  • Óscar Graña volve salvar unha muller de afogar no Lérez
    PONTEVEDRA> O padexeiro Óscar Graña volveu ser protagonista esta mañá dun rescate no río Lérez. O deportista, Policía Nacional de profesión, rescataba a unha muller que se estaba a afogar á altura da ponte do tren de Monte Porreiro. O padexeiro Óscar Graña volveu converterse nun heroe nas augas do río Lérez. O deportista, Policía Nacional de profesión, estaba adestrando na súa piragua cando detectou un corpo flotando á altura da ponte do tren de Monte Porreiro. O rescate non foi sinxelo. Segundo explicou o propio Graña, a muller xa estaba inconsciente, e o peso da roupa que levaba dificultou o desprazamento ata a beira. Unha vez a salvo, prestoulle os primeiro auxilios. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local e unha ambulancia, que trasladaron a muller ata o servizo de urxencias do Hospital Montecelo. Non é a primeira vez que Óscar Graña, campión do mundo de piragüismo de maratón, salva a unha persoa de morrer afogada nas augas do río Lérez. Xa o 30 de xullo de 2015 rescatara a outra muller no entorno da Ponte da Barca. Segundo contou Graña, foi a propia vítima a que lle explicou que estaba a tratamento psiquiátrico, que tivera problemas na casa e que ameazara con suicidarse. O fillo desta pontevedresa duns 60 anos xa se puxera en contacto coa Policía Local para denunciar a súa desaparición.
  • Desartellado un novo punto de venda de droga en Ribeira
    RIBEIRA> O operativo desenvolvido pola Policía Nacional en Aguiño saldouse con dous detidos e a intervención de preto de 160 gramos de cocaína e de 130 de heroína, así como diversos efectos e diñeiro en metálico.
  • O Policía Nacional alerta aos máis novos dos perigos de Internert
    Pontevedra> Alertar aos máis novos do perigo de Internet, ese é o obxectivo que teñen dende a Policía Nacional coas charlas que están impartindo en diferentes centros escolares. Hoxe, tocoulle a quenda, o CEIP de Campolongo. Un espazo onde os máis pequenos aseguraron estar alerta e ser moi precavidos coas redes sociais.
  • Liberadas tres mulleres obrigadas a prostituírse en Noia
    NOIA> A Policía Nacional detivo en Noia a dúas mulleres e un home por delitos relacionados coa prostitución, contra o dereito dos traballadores e por coaccións e amezas. Presuntamente, forzaban a tres mulleres colombianas a exercer a prostitución nun piso da vila noiesa.  
HomeSalnés - CaldasVilagarcía estrea novo Comisario de Policía Top of Page

Síguenos en facebook